Encontro Internacional da Zanfona en Rianxo

23 Abr

Esta pasada fin de semana, en Rianxo tivo lugar o VIII Encontro Internacional para zanfonistas en Galicia, chamado Zona da Zanfona 2012. Ademais de talleres, tamén houbo un concerto gratuíto no auditorio de Rianxo, interpretado por dous dos mellores zanfonistas do mundo, Gilles Chabenat e Patrick Bouffard. Velaquí dúas fotos do evento sacadas por Xoán Antón Castro.

Zoa da zanfona 2012

Estaba tamén previsto que as zanfonas saísen ás rúas pero, por mor da chuvia, esta actividade tívose que levar a dentro da biblioteca. Non obstante, o sábado pola noite no camping de Rianxo viviuse unha foliada intensa entre os zanfonistas, aos que se lle uniron todo tipo de instrumentos e músicos do concello. Diso non temos imaxes, pero si dos talleres que se ofreceron:

Fonte: aCentral Folque

Fonte: Ariel Ninas

Colgo tamén un par de vídeos Youtube con Gilles Chabenat e Patrick Bouffard de hai anos, para que vos fagades unha idea de como soa este instrumento e do que puideron sentir os privilexiados que estiveron no auditorio:

2 Respostas a “Encontro Internacional da Zanfona en Rianxo”

  1. Xoan 04/23/2012 ás 21:34 #

    A verdade é que nunca me puiden maxinar que dunha zanfona se poideran sacar tal cantidade de sons, foi unha experiencia inesquecibel.
    Grazas por postear Oscar.
    Un saudo.

  2. Ariel Ninas 04/25/2012 ás 11:15 #

    Efectivamente, coma dixo Gilles Chabenat no concerto do venres…”a zanfona é un eco-computador”, instrumento ben aquelado e sorprendente.

    Hai fotos da foliada do sábado no perfil de Facebook de aCentral Folque

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: