Valoración do PP deste primeiro ano de goberno municipal en Rianxo

28 Mai

Con motivo de que se cumpre un ano dende que houbo eleccións municipais en Rianxo e un cambio de goberno no noso concello, quixemos preguntarlle á oposición, liderada por Vanessa Martínez Durán, como foron estes doce meses e como valora as actuacións da alcaldía de Adolfo Muíños.

– Como valoras este primeiro ano de goberno en Rianxo de BNG-PSOE?
– Un ano perdido, xa que non se solucionou o maior problema do noso Concello, pois seguen aumentando a débeda, como exemplo teñen que acceder ó Plan de Axuste do Goberno Central por unha contía de 1,2 millóns de Euros, o que os obriga a subir os impostos do IBI no 10% o primeiro ano, o 5% no segundo e o 8% no último ano. Por outra banda, prevese este ano, unha operación de tesourería por valor de 400.000 euros para pagar soldos, que hai que devolver neste ano. Todo isto engadido, á débeda que traen arrastrada dos 4 millóns de euros que se pediron no Plan de Saneamento do 2009, onde o Sr. Carlos Gey era o asesor do Alcalde e polo cal, actualmente estamos a pagar 1,1 millón de euros en intereses.

– Cales cres que son as principais carencias do concello ás que non se atenderon neste tempo?
– Ese é o problema, que neste ano non se lle dou solución a ningunha das carencias do noso Concello. Prometeron cousas tan necesarias como: o Centro de día, o saneamento integral en todas as parroquias, o Centro social,… e non se cumpriu nada do que prometeron

– Foi colaborativa a actitude da alcaldía con vós?
– En ningún momento.

– Como foi o voso traballo na oposición?
– Intentamos dar voz ó pobo transmitindo as súas inquedanzas e demandas non resoltas. A partir de aí, o pobo é quen ten que valoralo.

– Cales son as propostas/cousas que vos comenta a xente que son precisas en Rianxo?
– O que comentei anteriormente, Centro de día, o saneamento integral, un Centro Social, pero do que máis se queixan é da famosa promesa incumprida do BNG de facer unha auditoría externa no Concello.

– Cres que o PP de Rianxo seguiu crecendo neste último ano?
– Si, pois o goteo incesante de novos afiliados e colaboradores, así no lo amosa.

– Sodes o partido que máis importancia lle está dando ás redes sociais e mesmo potenciastes moito a vosa web poñendo información dos plenos. Considerades que son unha canle imprescindible para chegar á xente?
– A páxina web é unha forma de amosar a certos sectores poboacionais o que está pasando nos Plenos do noso Concello e as redes sociais é unha forma de estar en contacto coa xente para recoller inquedanzas. ¿Imprescindibles? Non, pois a maioría da poboación rianxeira non fai un uso cotián delas, ben porque non a usan a cotío ou ben porque en moitos lugares do noso Concello non chega a rede de internet. A pesar disto, nós vamos a seguir empregándoas porque o consideramos positivo.

– Cales serán os seguintes pasos do PP de Rianxo?
– Traballar, traballar e traballar por e para Rianxo.

Advertisements

2 Respostas to “Valoración do PP deste primeiro ano de goberno municipal en Rianxo”

  1. Un cidadán máis 06/07/2012 ás 19:50 #

    É de agradecer este tipo de entrevistas, aunque ó final sexan algo predecibles as respostas. Ainda asi, teño curiosidade por unha cousa, ¿Só lle facedes entrevistas á “líder” do PP? ¿ou tamén enviades as entrevistas ós outros dous “líderes” políticos locais?

    • fotosderianxo 06/08/2012 ás 08:17 #

      Ola. Aquí somos un blog plural e buscamos ser imparciais, así que non só nos puxemos en contacto coa oposición. De feito tamén lle enviei o cuestionario a Adolfo Muíños, e está pendente de contestarme.

      No caso do PSOE a cousa é moi diferente, xa que me intentei poñer en contacto con eles moitas veces durante as eleccións (incluso a través da exectiva autonómica), e nunca tiven resposta. Así que agora xa nin no intento 😦

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: