O pasado 24 de maio, no Auditorio de Rianxo tivo lugar un concerto pertencente ao programa de Rede de Músicas Soltas que organiza a Central Folque co Concello de Rianxo.
Nesta ocasión, Sérgio Tannus presentou o seu novo traballo Son Brasilego e estivo acompañado dos tamén brasileiros Serginho Sales (teclado, Minas Gerais) e Paulo Silva (percusións, Baía). Na gravación deste último traballo, Sérgio estivo acompañado dunha constelación de máis de 40 artistas do Brasil, Portugal e Galiza: Uxía, António Zambujo, Joao Afonso, Ugia Pedreira, Narf, Emilio Rua, Carlos do Carmo, Óscar Fernández, Xoán Curiel, Pepe Sendón, Marcos Teira, Couple Coffe, Ariel Ninas…
Polo escenario do auditorio poidemos ver pasar dende varias clases de guitarras, unha gaita, violín, e mesmo unha zanfoña.
Coido que para os alí asistentes a experiencia nos resultou gratificante, e os tres artistas afanáronse en esgrimir toda a súa arte para facérnolo pasar o mellor posible.
Ó saír do concerto fixémonos co CD, e o trío de artístas estiveron encantados de asinarnos nel.
Deixar unha resposta