Coma cada ano, os rianxeiros e rianxeiras encargáronse de confeccionar as alfombras florais, mágoa que este ano por mor da choiva que tivemos estes meses atrás non foron tan coloridas coma outros anos anteriores.
Como en edicións anteriores, xa dende hai uns meses mulleres e homes da vila (cada vez vense máis homes nestas tarefas), encargáronse de recoller, cortar o verde e poñer a secar as flores que ían adornar as rúas da vila.
E o desenlace poidémolo ver este domingo coas alfombras do día de Corpus, no que este ano como novidade fixeron tamén alfombras por detrás do adro da igrexa.
As da Praciña.
Por diante do consistorio vello.
Na praza de Rafael Dieste.
Na rúa de Abaixo.
Na praza de Castelao.
E na rúa do Medio.
Xa ben entradiña a tarde, foron numerosos os fieis e curiosos que se achegaron para asistir, observar e mesmo afotar a procesión, cos nenos e nenas que fixeron a comuñón á fronte.
Agardemos que para o ano que vén o tempo non sexa tan malo para as flores, sobre todo para as hortensias que tanto en falta se botaron nas rúas de Rianxo.
Xa por último, na praza de Castelao e pola noite, encargáronse de poñer o broche final ó íia os da orquestra Abanico, que ben seguro fixeron bailar e troular ós que aguantaron até altas horas da madrugada.
Parabéns ás xentes que tanto traballo e tantas horas pasaron para que a vila lucira tan fermosa.
Todas preciosas,ainda que a que mais me gusta, sea a da placiña,,,enhoraboa a tod@s,que co seu traballo de tantos días, fixeron que Rianxo lucira asi de bonito.
os que montamos os alteres, son as personas que teñen o ramo , e cada unha de eles o fai por devoción non por ,competir , o fai de corazón.
a xente que fai as alfombras tamen teñen o seu protagonismo , pero que non impoñan nada a nadie.
Creo que en Rianxo imos ter que adoptar ó pavo real como fillo predilecto ou algo así, xa que despois de adicarlle a rotonda de entrada, este ano tamén se lle dedicaron varias das alfombras.
A da rotonda xa pasou á historia…