Na tarde de onte celebrouse como cada ano a tradicional cabalgata de reis en Rianxo.
Este ano, truncáronse todos os prognósticos. Tanto organizadores (Concello), como colaboradores (Comisión das Juadalupeñas e Cafetería Toffe) afanáronse en cumprir a programación que estaba prevista, pero debido ás inclemencias meteorolóxicas tan adversas, houbo un cambio de plans e, finalmente, o evento tivo que desenvolverse no Auditorio.
Ainda así, a afluencia do público foi moi grande, e tanto grandes coma cativ@s achegáronse polo Auditorio para poder desfrutar dunha tarde das máis entrañables de todo o ano para nenas e nenos (e non tan cativos).
Nós puidemos estar no backstage, polo que acompañamos e sacamos fotos ás súas Maxestades, paxes e demais acompañantes antes de que os cativos de Rianxo lles contaras os regalos que lles pediran. Velaquí a secuencia:
Todo comezou alá polas cinco e media da tarde, coa apertura do Belén vivente, ao cal lle estiveron cantando durante un bo cacho unhas cantareiras.
Este ano no Belén vivente, a falta dun neno Xesús, había dous. E a pesar do tempo que estiveron alí, ambos os bebés portáronse moi ben!!!
Este pequerrechiñoo aguantou durmindo todo o tempo, e con só 21 días de vida!!!
Namentras, fóra, no hall da entrada entretían ó público uns malabaristas e a charanga.
E dentro, todo o mundo estaba coidando ao máximo aos Reis Magos, para que recibisen como se merecían aos pequechos rianxeiros:
Os Reis, fixeron a tradicional ofrenda ao neno Xesús, á Virxe María e a San Xosé no belén vivente:
Logo da ofrenda, entraron no Auditorio e foron para o escenario, onde se acomodaron nos seus tronos e agardaron ós centos de cativ@s que pasaron por alí a pedir os seus agasallos ó seu rei favorito (ou ós tres directamente) e a coller os caramelos que lles ofrecían.
Cando os Reis Magos marcharon do Auditorio, houbo tamén un tempo para as risas cos Carapaus.
Para rematar a súa xornada en Rianxo, as súas maxestades e paxes reais achegáronse até a igrexa e, aínda que foron cargados con tres sacos de caramelos, moi pouquiña xente estivo por alí, porque de seguro que xa estivo antes no Auditorio.
Agardemos que para o ano que vén o tempo nos deixe desfrutar da cabalgata polas rúas de Rianxo como é debido.
Deixar unha resposta