O sábado pola tarde pasáronse polo Toffe as SSMM, Os Reis Magos de Oriente.
Alí encargáronse de agasallar @s cativos con chuches, ademais de atender as súas ansiadas peticións de agasallos para a tan agardada noite de Reis.
Os máis pequenos tamén puideron desfrutar de globoflexia e de maquillaxe infantil.
Moitas trazas polas fotos. Esperamos seguir contribuindo a que haxa máis horas de lecer para cativos e non tan mozos en Rianxo.