O sábado pola tarde pasáronse polo Toffe as SSMM, Os Reis Magos de Oriente.
O Concello de Rianxo e o Club Atletismo Rianxo organizaron a I Carreira Popular Toffe – Concello de Rianxo.
Este evento estivo patrocinado por Cafetería Toffe e Soldesin:hos e colaboraron Cabreiroá, Eroski Center, ASPROMERI, Asteleiros Catoira, Serviocio e Deputación da Coruña.
Baixo unha incesaten choiva os mais de 500 participantes afanáronse en acadar a meta, e pese ó mal tempo tamén algún público se atreveu a presenciar en directo as carreiras.
Aquí vos deixamos un bo feixe de fotos do que foi dando de si a mañá.
Ccomezamos coa subida de fotos da Pasarela Castelo da Lúa 2013.
Imos primeiro coas fotos do Photocall, patrocinado pola cafetería Toffe e o cal tivemos o gusto de cubrir fotograficamente.
Aí vos quedan as fotos que fixemos!!! Clicade enriba de cada imaxe para velas máis grandes.
Non chega aos 30 anos pero trátase de todo un exemplo de emprendedor. David Alcalde Costas (10/07/1984), máis coñecido por todos como “David, o do Toffe”, é un cu inquieto. Sendo xefe de cociña na Terraza de Chicolino da Pobra, deixou a un lado un posto seguro e apostou polo seu propio negocio en Rianxo. Táboas non lle faltaban, xa que traballou con Toñi Vicente e aprendeu dos mellores, incluído Arzak.
Podería quedar aí a cousa e acomodarse, pero xa digo que para min David non é un empresario, senón un emprendedor, porque non ten parada. Creou unha web de venda de produtos galegos gourmet, ten outra empresa de ocio infantil xunto á súa muller, vai levar a cafetaría do instituto de Rianxo, prepara a apertura doutra… E o mellor de todo é que aposta pola mocidade daquí, xa que patrocina uns 220 deportistas da localidade. Imos coñecelo un pouco máis, pero sabede que tamén estará representado na exposición de Ruando Rianxo, que terá lugar en outubro no Auditorio grazas ao apoio do Concello .