A orquestra Superfama

16 Xul

Hoxe queremos reproducir aquí unha reportaxe de Ana Carlota Gil para o xornal La Región. O caso é que están a realizar artigos sobre diferentes agrupacións musicais galegas, e tamén lla fixeron a Superfama, que é unha orquestra de Rianxo. Velaquía a súa reprodución.

“A Orquestra Superfama fundouse no ano 1983 na localidade coruñesa de Rianxo, e ao longo da súa historia tocaron en salas e teatros de cidades como Londres, en festas nas que sempre foron moi recoñecidos.

Conta con 11 compoñentes: Juan Lorenzo, trombón; José Luis Silva, trompeta; Juan Alcalde, saxofonista; Toni González, á batería; Francisco Lorenzo toca o teclado, Miguel Ángel Curras, a guitarra e José Carlos Marqués é o baixista. Os catro artistas que poñen voz a esta orquestra son: Susi Vieites e Nani Pazos e as voces masculinas Luis José Zambrano e Jonathan Tortolero.

O seu repertorio de música de baile ponse de manifesto no seu primeiro pase, con temas con ritmo de merengue, pasodobres… non falta ningún.

No segundo pase desenvolven toda unha antoloxía, mestura entre a música actual e o rock clásico, pois estes artistas esméranse por ter a todo o público contento co seu gran repertorio. Dende hai uns anos pechan cunha das cancións máis solemnes da historia, o himno da alegría, de Waldo de los Ríos, popularizado por Miguel Ríos.

Respecto ao seu público, sempre é amplo e variado. Juan Lorenzo comenta que o público cambiou moito ao longo dos anos: “Antes só se achegaba ás orquestras a xente maior, pero de cinco anos para acá son os mozos os que manifestan máis interese polas orquestras e desfrútanas igual que ás persoas de máis idade”.
E non lle falta razón. Estamos a vivir o boom das orquestras, grazas a unha xuventude que se deu conta de que que bailar en verán ao aire libre e con música en directo é moito mellor que meterse en calquera pub ou discoteca para escoitar a mesma, ou peor música.
Juan tamén recoñece, a que este fenómeno de florecemento da música das orquestras axudaron moito a Panorama e o París de Noia, dúas orquestras que están en auxe e que grazas á súa frescura e adaptación a un público xuvenil achegaron a este colectivo”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: