Hoxe queremos compartir con vós unha serie de fotografías da cabalgata de Reis de este ano. Foron cedidas pola Concellería de Cultura de Rianxo e sacadas por Anxo Resúa, quen fixo un traballo estupendo. Agradecerlle a Hadriana e ao Concello que nos deixen compartir estas imaxes.
A Asociación Cabalar de Rianxo (ACR), participou por terceiro ano consecutivo na cabalgata.
Se todo o mundo estaba tan guapo ese día foi grazas a Josefa Vázquez Tubío. Esta perruqueira colaborou coa cabalgata deixando facendo que lucisen ben os participantes.
Velaquí os da Charanga Nasa ensaiando antes do evento:
Trópico de Grelos (Asociación Cultural de Compostela) e as Faíscas da Pontraga (Pontraga) foron os encargados de poñerlle música e ritmo á cabalgata.
Velaquí a xente e os cativos agardando nerviosos polos Reis:
E aquí vemos xa ás Súas Maxestades chegando en barco:
E aquí tedes o portal de Belén con Xosé, o neno Xesús e María, rodeada de pastores.
O escultor Roberto Figueira Martínez estivo ao lado do Belén facendo unha demostración do seu traballo en madeira toda a tarde.
As mozas de Aquel de Aquelar de Boiro coas súas voces amenizaron o día.
A chegada ao portal dos Reis Magos:
A ilusión e a ledicia dos cativos foi o que máis destacou durante toda a xornada:
A praza de Castelao estaba ateigada de xente para dicirlles aos Reis que o resto do ano se portaran ben:
Moi bonitas, que sigan con esas ganas de facer algo bonito por Rianxo a ver si ” despertamos ” duna vez, que xa está ben…. ANINO MUCHACH@s !!! SEGUIR POR ESE CAMIÑO.