Presentación libro Rianxo na Ditadura Franquista

21 Xan

LIBRO

Este sábado 24 de xaneiro, ás 20.30 horas no Auditorio de Rianxo preséntase o libro Rianxo na ditadura franquista (1939-1979), dos rianxeiros Xosé Comoxo e Xesús Santos, editado pola Deputación Provincial da Coruña.

Segundo a presentación do libro, “estudar o acontecido en Rianxo durante os case corenta anos do franquismo era unha cuestión pendente. Os autores desta obra sabían que atoparían dificultades durante a investigación, por ser un tema que de por si provoca controversia, coa agravante de extravío ou ocultación deliberada de documentación. O froito dese traballo é este libro, no que debullan un sen fin de acontecementos que retratan a vida relixiosa social e administrativa presidida polo nacional catolicismo”.

“Estudan os primeiros anos da posguerra, os da fame e depuracións, así como a volta, lenta, ás diversións e aos pasatempos de sempre (bailes, danzas, comparsas, regatas marítimas, cine, fútbol…). Dedican espazo a descifrar o mandato dos diferentes alcaldes, ás ordes da Falanxe provincial, que, salvo excepcións, non destacaron nas melloras das infraestruturas, en parte debido á mala situación das arcas do Estado e das municipais”.

“O tema político tamén é abordado polos investigadores, sacando á luz certas diverxencias habidas dentro da organización falanxista”.

“Non se esqueceron do mundo do agro e do mar, tan importante para a economía local, e os seus diversos problemas. As campañas marisqueiras e os enfrontamentos mariñeiros, están presentes neste arduo traballo”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: