Fotos e crónica da presentación do libro Rianxo na ditadura franquista

27 Xan

_MG_0482

O pasado sábado, 24 de xaneiro, tivo lugar no noso concello a presentación do libro Rianxo na ditadura franquista 1939-1979, dos historiadores Xesús Santos e Xosé Comoxo.

O boca-orella na vila falando desta presentación auguraban  unha boa asistencia de público ao acto, e así foi. Ás nove da noite, hora fixada para a presentación, a sala de actos do auditorio rianxeiro encheuse de bote a bote. Tal foi a cantidade de xente que acudía que houbo que cambiar a sala de presentacións inicialmente prevista polo do teatro, onde, alí si, todos os asistentes collían perfectamente sentados para o evento.

_MG_0485

A presentación comezou da man do alcalde, Adolfo Muiños, quen resaltou a importancia deste libro. Salientou que tanto Santos como Comoxo realizaron a obra de forma altruísta. Ademais, para ambos os dous historiadores supuxo moitos anos de pesquisas e a recompilación de moita documentación para poder levar a cabo ese traballo.

Tamén agradeceu o rexidor a implicación da Deputación da Coruña, para poder editar esta publicación de case que 500 follas. Ademais, os autores pediron unha boa cantidade de exemplares para a súa difusión gratuíta entre aqueles que asistiron á presentación. Por outra banda, tamén está á disposición das diferentes bibliotecas e colexios de Galicia, incluída a de Rianxo.

_MG_0490

Logo tocoulle o turno a Xosé Comoxo, que fixo un percorrido polos datos máis importantes e reseñables do libro. Deu a coñecer os nomes dos alcaldes que pasaron pola casa consistorial rianxeira durante esta época. Ao tempo, resaltou as disputas que había entre as familias e grupos que tentaban ocupar o mando.

Non se esqueceu Comoxo da dificultade que supuxo para eles obter algunha documentacion que precisaban. De feito, dunha vez, dende a casa consistorial procedeuse á “venda por peso” de papel usado. Así, ao prezo de 1 peseta por quilo, acadaron un montante de 9.000 pesetas,  coas cales se procedeu á compra dunha máquina de escribir e ao arranxo de outras dúas.

Tamén se lembrou de nomear ao grupo “Enxebre Adorniña Abanqueiro” que acaban de facer unha versión da canción Rianxo Pájaro Pinto cunha letra especialmente adicada á páxina amiga de Rabuño Rexeita. Podes vela aquí.

_MG_0497

Deseguido foi o turno de Xesús Santos quen, entre outras moitas cousas, destacou a anécdota do nome do colexio de Rianxo. Como non tiña ningunha denominación, entre o claustro e os habitantes do concello decidiron poñerlle o nome de Castelao. Pero como o Consistorio non estaba pola labor, decidíu poñerlle o de “Reina Sofía”, motivo polo cal se convidou á monarca a visitar Rianxo para a súa inauguración. Pero ante a ausencia da mesma, o tema quedou no esquecemento e non foi até varios anos despois cando se decideu poñerlle o actual nome de A.D.R. Castelao.

Tampouco deixou pasar por alto Santos os graves disturbios acontecidos durante a colocación do busto de Castelao, dos cales a prensa escrita da época non se fixo apenas eco.

Cabe reseñar tamén ás duas contribuacións que fixo o mestre Costa Rodil, puntualizando datos que ía ofrecendo Xesús Santos.

_MG_0509

Xa para rematar a presentación, e á xente que o quería, os historiadores asinaron exemplares do libro.

_MG_0502 _MG_0508 _MG_0511

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: