Deixámovos hoxe unhas cantas fotos que fixemos o martes de entroido na praza de Castelao en Rianxo. Como vedes, volveu ateigarse de cativ@s con ansias enormes de pasalo ben. A carpa instalada no campo estaba chea de inchables, Wii, Ps4, e zona de pintado de caras.
Logo, tocoulle o turno ó contacontos, quen logrou grande expectación entre @s cativ@s e non tan cativ@s:
Para remata-lo día, diante da casa consistorial ofreceunos un concerto a Ruada Marajota e media de Vilaxoán, que xa levaban toda a tarde polas rúas da vila animando o ambiente:
Deixar unha resposta