Imos hoxe coa oferta cultural para a fin de semana en Rianxo. E comezamos coa exposición “Retrospectiva” do pintor noiés Nacho C. Beiro. A expo, poderá visitarse dende hoxe mesmo (inaugúrase ás 20.30 horas no Auditorio) até o vindeiro 14 de marzo.
O sábado terá lugar tamén no Auditorio un concerto de jazz a cargo de José Nine Cuarteto, agrupación formada por José Nine, Marcos Pin, Juan V. Cañada e Javi Barral. Na actuación contarán con Thanos Athanasopoulos, Manuel Gutiérrez e Manuel Payno como artistas convidados.
As entradas son de balde ata completar aforo. Poderán retirarse unha hora antes do concerto, ás 18.30 h, e un máximo de 2 por persoa.
Lembrarvos tamén que o sábado pola tarde será o concurso de carrozas en Campo de Pasos en Taragoña. Organiza a veciñanza de Taragoña coa colaboración do Centro Cultural e Deportivo.
E o domingo pola mañá a III Marcha Btt Concello de Rianxo. Organiza a Peña Cicloturística Castro Barbudo. Con 602 corredores inscritos.
Deixar unha resposta