No día de onte disputouse no polígono de Té o I Slalom Concello de Rianxo, organizado pola Escudería Rallyactividad. Durante todo o día, un total de 29 coches deixaron as rodas e esforzáronse ao máximo por entreter ó numeroso público que se pasou a ver esta proba, demostrando a súa pericia ao volante. Durante a mañá foron as tandas de adestramentos e, xa pola tarde, a partir das 15:00 horas, tiveron lugar as dúaas tandas clasificatorias. Deixámovos unhas cantas fotos das tandas da tarde, agradecendo unha vez máis á organización o seu traballo e facilidades.
Debido á choiva que nos acompañou a cachos pola tarde, cada un abrigábase como ben podía…
Por último, aquí tedes a clasificación xeral ó término da proba, que gañou Adrián Bouza, da escudería Meira, ao volante dun Peugeot 206.
Deixar unha resposta