Fotodenuncia: sen espazo para transitar

22 Xul

colchon1

Unha lectora do blog de Asados mándanos esta fotografía a modo de fotodenuncia do que acontece nunha das estreitas rúas da Atalaia, polo que case non poden transitar.

O lugar, pegado á ferraxería de Aurora, como vedes, é moi estreito e nel hai dous contedores. Pois ben, “un incivilizado” deixou alí un colchón, no medio e medio, que comeu practicamente todo o paso. O peor da situación é que “leva dúas semanas”, polo que os veciños do lugar case non teñen “espazo para saír á estrada”.

colchon2

A situación non é nada nova, xa que “hai meses estivo no mesmo sitio un sillón tempo e tempo ata que desapareceu”, polo que “estamos moi fartos da situación”.

Dende aquí imos avisar o Concello para solucione o que acontece nesa rúa. Ao tempo, queremos lembrar que os contedores só serven para recoller lixo orgánico ou ben plásticos e bricks. Os residuos voluminosos como os colchóns, mobles, electrodomésticos… non se poden deixar aí, porque non os pode coller o camión do lixo. Téñense que depositar no punto limpo de Rianxo, que está na Barraca, ou ben chamar a Coregal, que o recolle gratuitamente (teléfono 981 83 89 08).

Actualización: dende o Concello indícannos que despois do noso aviso pasaron a recoller o colchón e xa non estaba. Insisten ademais na necesidade de que este tipo de residuos se deben depositar no punto limpo. Ademais, calquera veciño pode chamalos para dar a coñecer este tipo de situacións, porque en canto teñan aviso tratan de solucionalo o antes posible.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: