Na rúa do Medio xa dende primeira hora da tarde comezaron a traballar na elaboración das alfombras florais para celebrar o Corpus. Os preparativos iniciáronse moitas semanas antes, xa que xuntar todo o material e preparar algo así leva moito tempo, algo que a maioría non coñecemos.
O sábado pola tarde foi complicado, con momentos de grandes chuvasqueiros. Pero así e todo os veciños (sobre todas veciñas) aguantaron o chaparrón e foron traballando arreo para telo todo listo hoxe.
O mellor de todo foi a implicación que están a ter os máis pequenos nesta tradición. Vese que pode durar anos e anos, xa que os cativos lle poñen moitas ganas.
Era curioso ver como se traballaba ao tempo que se xogaba a final da Champions. Un ollo estaba posto nas flores e na rúa, e outro nos bares próximos, a onde se achegaban os rapaces cada vez que había un gol, para informar da última novidade do Real Madrid – Atlético.
Comentar que isto das alfombras florais ten os seus segredos, mesturas especiais para as cores e outros trucos para que todo se manteña firme. Hai que pensar que onte non só chovía, senón que tamén ventaba. E hoxe ben vistes que as alfombras, salvo tramos concretos, aguantaron moi ben.
Outro dos segredos nas alfombras é o uso de plantillas, para que os debuxos queden perfectos.
Este making off foi desta mesma mañá. É unha alfombra de sal, novidade este ano, feita na rúa os Irmáns Ínsua, onde está o Mercadona.
We reviewed many Casino Payment Methods for our users.
Great article! Ꮤe are linking to tthis particularly great poѕt on our website.
Keep up the great writing.