A Manuela, vítima dun acto vandálico

21 Xul

manuela1

Hai xusto tres anos, un 22 de xullo de 2013, uns vándalos queimaban parte da ponte de madeira que vai sobre o río Te ata a praia da Torre. E hoxe, un 21 de xullo, temos que enterarnos de novo de que os vándalos atacan de novo o patrimonio público. Deben pensar que ao ser de todos non é de ninguén ou se pode facer o que se queira. Dende logo non deixa de ser un acto de ignorancia, no que non só se dana o que é público, senón que se dana o que é de todos.

manuela2

Como podedes ver, desta vez, os vándalos dobraron dous dos remos da obra do escultor Camilo Seira, que representa A Manuela, a embarcación xeiteira que tanto triunfou na regatas que se celebraban na ría de Arousa, sobre todo fronte a Vilaxoán, os principais competidores. manuela3

Como se pode apreciar nas imaxes, os remos foron dobrados a conciencia para danar a estrutura da escultura. Non se trata de algo fortuíto ou dun accidente, senón dun acto puramente vandálico e agardamos que se castigue aos culpables.

Por outra banda, dende a Alcaldía confírmannos que mañá mesmo unha empresa especializada comezará co arranxo da emblemática escultura que tanto representa a Rianxo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: