Festas de Taragoña 2018

17 Xul

A parroquia de Taragoña celebra as festas por todo o alto, con orquestras de primeiro nivel, como o Combo Dominicano, Gran Parada ou Os Satélites. Preparádevos para catro días de intensa festa do 19 ao 22 de xullo.

En concreto, a festa arrinca o xoves 19 de xullo coa actuación do Combo Dominicano e dos Satélites. O grupo de gaitas Buxaina e a charanga Noroeste encargaránse de poñer a nota musical polo día.

O venres 20 de xullo celebrarase un serán tradicional, no que actuarán 16 agrupacións musicais. Ademais, haberá comida popular con sesión vermú para animar. E, pola noite, tocarán Marbella e Oca Bang.

Xa na fin de semana, o sábado 21 de xullo pola noite os protagonistas son as orquestras Principal e Brujas. Polo día haberá mexilloada, xogos para os pequenos, mariachis, charangas e pandereiteiras.

Todo o bo se acaba. Neste caso o domingo 22 de xullo. Antes dos fogos de artificio veremos a Gran Parada e a La Ola ADN. E durante o día tocarán a banda de música de Touro, o grupo de gaitas Arume e o grupo de mulleres caboverdianas Tabuko Batanka.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: