Fotos e vídeos do domingo nas festas da Guadalupe 2022 de Rianxo

12 Set

O domingo da Guadalupe é dos días grandes, porque A Moreniña pasea pola ría de Arousa. Faino nunha procesión marítima na que participan centos de rianxeiros e ducias de barcos, lanchas e ata motos acuáticas.

Pero antes diso, no Campo de Arriba celébrase unha misa multitudinaria. Ao remate do acto, a banda de música toca a Rianxeira mentres os homes que portan a Virxe a moven para que sinta tamén o arrolo das notas musicias.

Despois, a Virxe da Guadalupe, parte en procesión pola ribeira ata o porto de Rianxo.

Velaquí o vídeo da chegada ao barco que levou a Virxe da Guadalupe en procesión.

E aquí outro vídeo da procesión marítima.

E aquí o momento da chegada á praia de Tanxil, onde se atopa outra das imaxes da Virxe da Guadalupe.

Rematamos este post cunha pequena galería de imaxes da procesión marítima.

Deixar un comentario