Arquivo | Asados RSS feed for this section

Todos con Manoel Antonio

26 Xul

Este sábado 28 de xullo, ás 17.00 horas, celébrase na Praza de Manoel Antonio de Rianxo unha cita poética para homenaxear ao noso gran poeta. Organizado pola Plataforma Cultural Galega, contará cun recital poético, con actuacións musicais e tamén cun recital infantil.

As pontes sobre o río Té, arranxadas

21 Mai

Teño que dicir que xa tiña un post medio crítico co tema das pontes destrozadas no sendeiro do río Té por no inverno de 2011, en canto que en abril pasara un ano dende que o BNG no seu blog (e cando estaba na oposición), pedira que se arranxara.

O caso é que desta vez teño que dicir que cumpriron e deron mostra de coherencia, facendo algo que pediron no seu día. E aínda que cando saquei as fotos, en febreiro deste ano, as pontes non estaban arranxadas, cando menos no mes de abril si que o deixaron todo perfecto para aqueles que queiran desfrutar dunha xornada de sendeirismo a carón do noso río qu e atravesa O Araño, Asados e Taragoña.

Arriba vedes a imaxe da ponte en febreiro, e abaixo, xa arranxada, no mes de abril.

Velaquí as imaxes da outra ponte antes do arranxo:

E velaquí a actuación no lugar, sacando a ponte e habilitando a zona para que se poida pasar:

O dito, parabéns ao Concello por este traballo de cara ao bo tempo e, sobre todo, pola coherencia á hora de facer o que se pide, algo moi raro hoxe en día na política.

Cristo sen pernas en Asados

15 Xan

En Asados podemos atopar este cruceiro antigo no que ao Cristo lle faltan as pernas. Unha mágoa, a verdade, que non chegase intacto ao día de hoxe.

Campo de fútbol de Asados

6 Xuñ

Dende este blog dámoslle a noraboa aos do Unión polo seu ascenso de categoría. E deixo aquí unha panorámica do seu campo de fútbol (clica nela para vela en grande).

 

Panorámica de Rianxo

24 Abr

Esta fin de semana retomei o hábito de andar en bici, así que subín ata o Castro Barbudo (Taragoña) e dende alí saquei unha panorámica do concello. Pode verse Taragoña, Rianxo, Asados e O Araño. Pincha na imaxe para vela en grande.

Estación rupestre As Barras

7 Xan

No Alto do Pilotiño, a parte superior do monte de Asados, podemos atopar a estación rupestre das Barras. Teño que dicir que está moi ben sinalizada, así que é de recoñecer a labor que se fixo neste lugar. Accesible e ben documentado para o visitante.

Casa abandonada

7 Dec


Casa abandonada, originalmente cargada por fotosderianxo.

Esta impresionante casona de pedra está en Asados. A verdade é que sorprende ver como a pesar do abandono e do descoido se mantén en pé dun xeito tan impoñente.

A ermida de San Pedro de Vilas

5 Dec


A ermida de San Pedro de Vilas, originalmente cargada por fotosderianxo.

O acceso non é precisamente fácil e é doado pasar por alí sen saber que hai preto unha ermida. Está nun sitio illado no medio do monte e só recupera a vida cando en Asados se celebra a festa de San Pedro, non lembro exactamente que domingo do verán. Polo demais, debe ser unha das capelas máis antigas do concello, xa que diante ten unha inscrición que data do ano 1671.

O campo de fútbol de Vilas

29 Nov

Dende a autovía pode verse como xa está practicamente rematado o campo de fútbol de Vilas, en Asados. Será a primeira vez que teñamos en Rianxo un campo de fútbol con herba, aínda que será sintética. De todos os xeitos, visto o resto de campos de fútbol que hai no concello e o mantemento que se lles dá, case que é a mellor solución. Só fai falla ver o do Araño, no que herba si hai, pero de medio metro e criada polo total abandono. Esperemos que esta infraestrutura sexa aproveitada por todos os veciños e que se coide.

A igrexa de Santa María de Asados

16 Mai

Igrexa-Santa-Maria-Asados

Como toda parroquia galega que se prece, a de Asados tamén ten a súa, a de Santa María.