Arquivo | Asados RSS feed for this section

Cando Taragoña e Asados tamén eran municipios independentes

23 Xuñ

Grazas outra vez ao noso amigo Rabunho Rexeita, descubrimos un novo e interesante episodio da historia de Rianxo: cando realmente non había un concello, senón tres. Pois si, amigos, pois Taragoña e Asados eran municipios que non tiñan nada que ver con Rianxo, agás que os límites xeográficos. Rianxo e Asados pertencías ao partido xudicial de Padrón, mentres que Taragoña pertencía ao de Noia.

Sorprende saber tamén que o concello máis grande era no seu día o de Asados, xa que formaban parte del as actuais parroquias do Araño, Leiro e Isorna. Vamos, que a día de hoxe a cousa podía ser tal que así:

rianxo_concellos

 

Seguir lendo

Festa en San Pedro de Vilas 2013

18 Xuñ

O próximo 29 de xuño, terá lugar en Asados a festa de San Pedro de Vilas.

Como nos indican dende a organización, trátase dunh “romaría pensada para todas persoas”, xa que para os maiores “hai misa cantada e dúo moi bailable despois de comer”. Para os pequenos da casa hai “un hinchable gratuíto e animación de 14 a 18 horas”. E para os que teñen ganas de marcha, hai “concertos nocturnos con dous grupos rock e dous DJ”.

Cartel_Vilas_2013

II Macro-recital ao son das letras vivas

19 Mai

O sábado 18 de maio tivo lugar no auditorio de Rianxo o II MACRO-RECITAL “ao son das letras vivas”, 50 rapsodas – 50 escritor@s (galeg@s e viv@s).

O Cadro Artístico Airiños en colaboración con slam.arousa e a Concellería de Cultura de Rianxo, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas organizou este II Macro-recital  para o cal se pretendía xuntar a 50 persoas que quixesenn subir a recitar/ler durante un minuto, os textos dalgún autor/a viv@ galeg@.

O evento foi moi entretido, e a poesía e prosa ían acompañadas nalgúns fragmentos por diversos instrumentos, dende a guitarra acústica, a guitarra eléctrica, o acordeón…, e mesmo dunha zanfoña. Polo escenario pasaron tanto persoeiros da política local de Rianxo, nenos e nenas, integrantes de Airiños e xentes vidas doutros lugares de Galicia. Todo istoo adobado pola agradable  presentación da directora de Airiños,  Esther Carrodeguas.

Image

Agardaremos un ano máis para poder desfrutar de eventos coma este e que o público sexa cada vez máis numeroso, pois onte no auditorio, a verdade, é que collía un bo fato de xente máis. “Aínda que, claro, o evento coincidiu con Eurovisión”…, jejeje

Nota de prensa do Teatro Airiños

21 Feb

Hoxe xoves 21 de febreiro do 2013, o teatro Airiños de Asados tería que estar na cidade da cultura en Compostela recollendo o seu galardón outorgado pola laboura desenvolta polo grupo de teatro máis antigo de Galiza (en activo).

Mais, e en repulsa polo que está a acontecer no eido da cultura e en  apoio aos traballadores das artes escénicas e musicais que estes mesmos días se manifestan alí mesmo polo parón que sofre o sector, non pasarán a recoller dito premio.

Velaquí a nota de prensa que deixan na sua páxina web:

http://teatroairinhos.es/novas/comunicado-de-prensa/

Festa do entroido en Asados (Rianxo)

19 Feb

O domingo 17 de febreiro, estivemos na festa do entroido que dou por rematadas as actividades choqueiras deste ano 2013.

Por mor das inclemencias meteorolóxicas as actividades que estaban programadas para o martes de entroido foron pospostas para este domingo na praza de Castelao en Rianxo, pero a choiva ameazante e o frío fixeron que ó final os inchabeis, actuación de Peter Punk, a charanga NASA, a feira do entroido, as actividades para nenas e nenos, o enterro do Toribiño, etc, etc… se trasladaran ó patio cuberto do colexio Ana María Diéguez de Asados.

A verdade é que estivo moi ben, e a actuación do pallaso Peter Punk estivo do máis entretido.

Eiquí vos deixamos unhas cantas instantáneas do que foi dando de si a tarde:

facendo as filloas

Image

E máis filloas…

Image

O enorme patio cuberto do colexio escomezando a ateigarse de xente de tódalas parroquias do concello e concellos da bisbarra.

Image

Os xogos tradicionais

Image

Os obradoiros de maquillaxe, nos que as colas eran interminables (a ver se nos oen dende o concello e para o ano traen máis…)

Image

Image

Image

Expectación durante a actuación do pallaso

Image

Até a 3ª idade se apuntou ás actividades, e non vexades con que marcha!!!

Image

Image

Image

E non houbo maneira humán de facela rir…

Image

Momentos perigosos da actuación…

Image

…E tan perigosos

Image

Image

Despois de toda a troula da tarde levouse a cabo un sorteo de varios agasallos entre as persoas que estaban disfrazadas.

Para rematar este entroido procedeuse á queima do querido Toribiño, tamén no exterior do colexio.

A antiga Radio Rianxo

28 Xan

Seguramente moitos de vós aínda lembraredes Radio Rianxo. Emitía dende o Monte Grande, en Asados, e tiña un ambiente moi familiar, ata o punto de que organizaban festas cos oíntes. Eu era dos que chamaba as fins de semana para pedir unha canción e adicala aos amigos, ou escoitaba de noite como chamaban outros veciños para comentar que tal o día. Recordo tamén como narraban os eventos destacados do Concello e mesmo como ían ás mesas electorais para indicar como eran os resultados.

Por desgraza xa non existe, pero aínda se pode ver a antena dende a que emitían:

radiorianxo

radiorianxo1

Documental sobre Airiños

25 Dec

Velaquí vos deixo un pequeno adianto dun documental realizado por Antonio Caeiro, sobre Airiños. Segundo os autores, “o grupo de teatro afecionado “Airiños” de Asados (Rianxo) foi creado polas Xuventudes Galeguistas en 1935. A pesares da guerra civil e a ditadura consigue sobrevivir e sigue en pe a día de hoxe. É un exemplo de resistencia social e cultural en Galicia”.

airinhos

Airiños, Premio da Cultura Galega 2012 na categoría das Artes Escénicas

19 Nov

“O grupo de teatro Airiños, de Rianxo, foi o premiado na categoría das Artes Escénicas polo traballo desenvolvido desde a súa creación, no ano 1933, que o converte na máis lonxevo de Galicia. Así, ao longo de catro xeracións, esta iniciativa veciñal vén sendo protagonista da construción dunha creatividade escénica de raíz popular desde o ámbito local.” Fonte: Xunta de Galicia

Así o decidiu o xurado dos Premios da Cultura Galega 2012, presidido polo conselleiro de Cultura e Educación en funcións, Xesús Vázquez Abad, e que está conformado por representantes da Xunta de Galicia, do Consello da Cultura Galega, das tres universidades, da Real Academia Galega e da Real Academia Galega de Belas Artes, así como por catro profesionais de prestixio no ámbito cultural.

Dende aquí, só nos queda felicitar ao grupo de teatro máis veterano de toda Galicia, que non fai máis que recoller premio tras premio.

Facebook da festa de San Pedro de Vilas

3 Nov

Un coñecido meu (de seguro que algúns coñecedes a Bastos), xunto con outros mozos de Asados e dos arredores colleron a comisión da romaría do San Pedro. Veñen de crear unha páxina no facebook, que busca converterse na súa principal fonte de información dos eventos que van ir realizando ao longo do ano, ata chegar ó propio día da romaría. Así que se vos animades, podedes engadilos como amigos ou ben pasar o próximo 29 de xuño e desfrutar do día de San Pedro 😉

www.facebook.com/sanpedro.asados 

O grupo de teatro Airiños recibe o premio Ángel Velasco

28 Set

Podedes ver todas as fotos no facebook do grupo de Teatro Airiños, de onde saquei esta imaxe. O premio, entregado en Valladolid, recoñece a traxectoria de 80 grupo deste grupo de Asados.