Como cada venres, traémosvos unha nova entrevista a alguén que apecerá a finais de ano na exposición Ruanxo Rianxo, que presentaremos no auditorio. Desta vez, temos a oportunidade de coñecer a Sabela Galbán Rodríguez, que de seguro a tedes visto en máis dunha ocasión tocando coa banda de música, acompañando á charanga NASA ou ben animando cos Carapaus.
Festa do entroido en Asados (Rianxo)
19 FebO domingo 17 de febreiro, estivemos na festa do entroido que dou por rematadas as actividades choqueiras deste ano 2013.
Por mor das inclemencias meteorolóxicas as actividades que estaban programadas para o martes de entroido foron pospostas para este domingo na praza de Castelao en Rianxo, pero a choiva ameazante e o frío fixeron que ó final os inchabeis, actuación de Peter Punk, a charanga NASA, a feira do entroido, as actividades para nenas e nenos, o enterro do Toribiño, etc, etc… se trasladaran ó patio cuberto do colexio Ana María Diéguez de Asados.
A verdade é que estivo moi ben, e a actuación do pallaso Peter Punk estivo do máis entretido.
Eiquí vos deixamos unhas cantas instantáneas do que foi dando de si a tarde:
facendo as filloas
E máis filloas…
O enorme patio cuberto do colexio escomezando a ateigarse de xente de tódalas parroquias do concello e concellos da bisbarra.
Os xogos tradicionais
Os obradoiros de maquillaxe, nos que as colas eran interminables (a ver se nos oen dende o concello e para o ano traen máis…)
Expectación durante a actuación do pallaso
Até a 3ª idade se apuntou ás actividades, e non vexades con que marcha!!!
E non houbo maneira humán de facela rir…
Momentos perigosos da actuación…
…E tan perigosos
Despois de toda a troula da tarde levouse a cabo un sorteo de varios agasallos entre as persoas que estaban disfrazadas.
Para rematar este entroido procedeuse á queima do querido Toribiño, tamén no exterior do colexio.