Arquivo | Asados RSS feed for this section

Mulleres que rompen Moldes

24 Mar

IMG_0343 copia

Con motivo do mes da muller traballadora, a Concellería de Educación, Cultura e Normalizción lingüística do Concello de Rianxo encargoulle ao Cadro Artístico Airiños a realización dun novo TEATRO-EXPRÉS, que fale aos pequenos da vilae aos que se queiran achegar, das MULLERES que foron importantes para o desenvolvemento da nosa historia.

Seguir lendo

A fonte da Tixola

16 Feb

Grazas a Carlos Bastos e demais membros da organización das festas de San Pedro de Vilas, puidemos descubrir que detrás desta fermosa ermida de Asados hai un pequeno sendeiro que leva ata a coñecida como fonte da Tixola ou fonte da Sartén. O por que do nome, vistas as imaxes, non é moi difícil de deducir 😉

fontetixola

fontetixola2

Os escudos de Rianxo debuxados por Castelao

26 Dec

Como ben sabedes, hais uns días publicamos un post sobre os escudos rianxeiros nos que se baseou Castelao para facer o de “Denantes mortos que escravos”. Aí comentamos que fixo un traballo xunto con Bouza Brei sobre os Escudos de Rianxo, publicado pola revista Nós, no nº 113, de 17 de maio de 1933, px. 77-83. Castelao recolle máis de 30 escudos diferentes.

Grazas ao Museo de Pontevedra, podemos ver eses escudos, algúns dos cales non chegaron ata os nosos días:

casamaroma

Escudo na chamada Casa da Maroma, en Rianxo

Seguir lendo

A inspiración do escudo de Castelao

12 Dec

Como sabedes, as comezos do século XX, Castelao fixo unha proposta para o escudo de Galicia, na que incorporaba a frase “Denantes mortos que escravos” (utilizada polos polos membros do Terzo dos Galegos de Bos Aires cando se enfrontaron as tropas inglesas en 1806). Pois ben, boa parte da inspiración deste escudo chegoulle de dous escudos que hai en Rianxo. Sabedes cales son?

escudocastelao

Seguir lendo

Partido Cesures-Unión Prebenxamíns

19 Nov

O sábado 16 de novembro, disputouse en Pontecesures o primeiro partido de liga dos prebenxamíns do Unión de Asados. Ás 13:15 do mediodía comezaba o encontro Cesures-Unión.

Nun partido entretido e non falto de polémica (expulsión do adestrador do Unión), o ambiente foi moi bo e os pequechos tanto do Cesures como os do Unión pasárono xenial e desfrutaron dunha xornada futbolística de moitísimo nivel, tendo en conta a curta  idade que teñen estes cativos.

_MG_8899 copia  _MG_8905 copia

Seguir lendo

Mala cobertura móbil a raíz do incendio de Asados

7 Out

antena1

Es de Asados ou do Araño e tes mala cobertura móbil dende hai unhas semanas? Entó é que tes o móbil con Vodafone ou con algún outro operador que vai pola súa redes, como móbilR ou Pepephone.

Seguir lendo

Corte ou casa?

3 Out

Aínda que parece mentira, isto non é unha corte ou un cortello, senón que era a vivenda de dúas persoas:

casachucho casachucho2

Grazas a Rabunho Rexeita descubrín que aquí vivía unha señora chamada Urbana e o seu fillo Chucho. No Araño coméntase que Urbana era unha persoa moi rica, que tiña moitos cartos (ata o punto de que incluso usaba billetes para acender os pitillos, aínda que como toda historia, pode ser inventada e máis propia dunha película). O caso é que tiña un gran problema: o alcol. Bebía moito. Ata tal punto era a súa dependencia que non facía máis que malvender as propiedades. Coméntase tamén que nunha aposta perdeu a súa fermosa casa nas Miráns e acabou xunto ao seu fillo nesta pequena vivenda que, como vedes, só ten unha porta e unha fiestra.

O caso é que o fillo, criado nese ambiente, tamén era unha persoa moi dependente do alcol e incluso podía ter algún problema psiquiátrico, pero era xente moi apreciada polos veciños. De feito, entre todos xuntáronse, reuniron material de construción e fixéronlle esta pequena vivenda nos Outeiriños:
casachucho3 casachucho4Coméntase que cando os veciños entraron na outra vivenda para a mudanza, dentro había excrementos, polo que as condicións nas que vivían non eran as máis adecuadas.

Eu teño que dicir que de Urbana non me acordo, pero de Chucho si. De feito, precisamente grazas a Rabunho Rexeita descubrín unha foto del, que chega a nós grazas ao traballo que comezaron Miguel Somoza Rodríguez e Suso Santos Rodríguez e que pode verse nesta páxina.

chucho

Arte ou cousa de feitizos?

10 Ago

Hai tempo, paseando pola ribeira do río Te na zona de Asados e xusto á altura de Carballal, entrei nun dos múltiples muíños abandonados que hai en Rianxo. Alí atopei isto que podedes ver:

muinho1

Non sei se o vedes como parte dun ritual ou ben como un proxecto artístico. A verdade é que a min me descolocou bastante. Todas as pedras, tanto a central como as do lado estaban perfectamente colocadas e pintadas de dourado. Está claro que pola zona non pasa moita xente, sobre todo se non é época de pesca, e alí puideron facer isto sen que ninguén vira nada.

Vós que credes que é?

muinho2

Polémica a conta dun libro sobre Faustino Rey Romero

9 Xul

A finais do mes pasado, en xuño, no Auditorio de Rianxo presentouse un libro sobre Faustino Rey Romero. Xosé Ricardo Losada era o responsable do novo libro, con datos inéditos sobre a figura do cura de Isorna. Ao acto tamén estaba convidado Xesús Santos, responsable da biografía de Faustino Rey que tomaba como base para o seu traballo Xosé Ricardo.

O caso é que dende fotosderianxo.com tamén fomos ao evento e non vimos nada raro. Dicimos que non vimos nada raro, porque despois do acto apareceron en La Voz de Galicia primeiro unha carta de Xosé Ricardo a Xesús Santos, e hoxe mesmo a contestación deste último.

presentacionlibro

Seguir lendo

Fotos de San Cristovo 2013

8 Xul

sancristovo1

sancristovo2

 

Seguir lendo