Arquivo | Taragoña RSS feed for this section

Trial 4×4

30 Nov

Seguindo coa aficción ao motor, ademais de ir ata o Araño para desfrutar do Rally do Botafumeiro, esa mesma fin de semana tamén asistín ao trial 4×4 en celebrado no circuíto de Taragoña. Aquí podedes ver algunas das impresionantes situacións que se deron. Aínda que o mellor era estar alí para velo. Lástima de mal tempo e de tanta lama.

Cheminea na praia da Torre

23 Xan

Aínda lembro hai anos cando ía á praia da Torre e estaba a fábrica de flotadores de bateas no medio e medio do areal, cos seus bidóns, o seu poliester e os seus coches e camións de arriba para abaixo. Menos mal que a cousa cambiou e agora só queda isto como recordo dalquel tempo.

A ponte do paseo marítimo de Rianxo

8 Set

Camiñando polo paseo marítimo de Rianxo, para unir a costa de Taragoña coa de Rianxo, hai unha bonita ponte de madeira pola que podemos chegar á praia da Torre. Coa marea baixa podemos ver centos de muxos aproveitando que o río Té está baixo. E coa marea alta podemos desfrutar da bonita desembocadura que une o Té coa ría de Arousa.

ponte1

ponte2

ponte3

ponte4

A ponte sobre a ría

9 Xuñ

ponte

Os que cruzades habitualmente a autovía do Barbanza, ben camiño de Ribeira ou ben cara a Padrón, de seguro que pasáchedes máis dunha vez por esta ponte. O mellor é pasala con calma, desfrutar das vistas e pensar en volver cruzala de novo outra vez, con sol mellor que mellor.