E aquí temos tamén os disfraces dos cativos de Rianxo. Baixo o lema da biblioteca, “Comer e ler, fante crecer” este ano desenvolveuse a temática desta celebración. Así que trunfou a cociña. Os galegos en xeral e os rianxeiros en particular somos de bo dente, así que don carnal tivo a súa particular homenaxe a través da comida, dos produtos típicos galegos e de programas que están a triunfar entre pequenos e non tan pequenos. E por suposto, ademais de bos alimentos, que na casa non falten grandes libros.
Entroido no colexio de Asados e no de Rianxo
5 FebHoxe foi un día grande en moitas escolas, xa que despois de semanas de traballos os rapaces puideron desfilar lucindo os seus mellores disfraces. Velaquí os de Asados e de Rianxo.
Fotos do Entroido na parroquia do Araño
10 FebO pasado sábado 9 de febreiro celebrouse no Centro Sociocultural do Araño o Entroido. De novo hai que felicitar á Asociación de Veciños por realizar tantas actividades e cohesionar dese xeito a parroquia.
A festa contaba mesmo cunha señora facendo as sobremesas típicas destas festas, nunha filloeira onde podía realizar sete filloas a un tempo. Iso si, non chegaron a nada 🙂
Pero tamén hai que agredecer o traballo de moitos outros veciños, que levaron orellas e mesmo filloas feitas na casa. Pero tamén se serviron patacas fritas, refrescos, viño…
Non obstante, os protagonistas foron os veciños e os rapaces disfrazados:
Tamén houbo animación cun grupo de gaitas:
Houbo concurso de disfraces e, grazas á colaboración do bar Lino, do bar Xens, do bar Nova Era, da panadería Soto, da tenda Aliprox (Taragoña) e do Eroski de Rianxo, houbo cestas para os gañadores.
















