Tag Archives: Roberto Vidal Bolaño

Días sen gloria

5 Xuñ

O pasado sábado 1 de xuño poidemos desfrutar dunha obra de teatro a cargo do Centro Dramático Galego no auditorio de Rianxo.

“Días sen gloria” é unha obra de Roberto Vidal Bolaño, desta vez dirixida pola galega aínda que afincada en Madrid, Fefa Noia. Esta obra de Bolaño xa fora esceneografiada polo propio autor hai xa 20 anos con el mesmo no papel de protagonista. Nesta ocasión, o actor Manuel Manquiña protagoniza o papel principal nun reparto no que tamén participan Eva Souto, Borja Fernández, Felisa Segade e Sergio Zearreta.

Image

“Días sen gloria” fala dun camiño que xunta a dous personaxes ben distintos, por un lado unha moza prostituta que trata de darlle caza a un cabaleiro que marchou a Compostela sen terlle pagado os seus servizos de duas semanas. Por outro lado, estará acompañada no seu periplo por un vello esmoleiro que a cambio de levala por atallos lle esixe unha recompensa en cartos e algo máis…

ImageImageImage

As aventuras e desventuras desta peculiar parella vanse debullando ó longo de 30 días en 50 escenarios diferentes que se condensan en hora e media de tensión continua, e na que se van atopando con cegos, tolos, prostitutas, predicadores, etc, e tamén co propio  cabaleiro rodeado dos seus achegados máis fieis.

ImageImageImageImageImageImageImageImageImageImageImageImageImageImageImage

Finalmente e logo de algunha que outra sorpresa inesperada, a obra remata co triunfo da solidariedade, do amor e, como non, coa morte, que dende un primeiro instante da obra xa se vén insinuando.

ImageImageImage

ImageImageImage

Letras Galegas 2013

6 Mar

Acabámonos de enterar que o colexio A.D.R. Castelao de Rianxo acaba de ser premiado polo seu traballo Roberto Vidal Bolaño: autor, actor e público do aquí, que concede a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Resaltar que o colexio é o segundo ano consecutivo que acada este premio

O  concurso correspondente á categoría A (centros de educación infantil e primaria), está dotado cun premio de 2.500 Euros.

Fai clic para acceder a Resolucion_concurso_LetrasGalegas_2013.pdf

¡¡¡Moitísimos parabéns ó equipo de profesorado e alumn@s que traballaron neste proxecto!!!