Tag Archives: show

Xogos de mans coas entradas para ver ao mago Alan Golías

20 Nov

Estou un pouco indignado cun espectáculo que se celebraba esta noite no Auditorio de Rianxo. O mago Alan Golías ofrecía un show que mesturaba maxia, música e unha posta en escena diferente e prometedora.

O caso, é que como viña na web do Concello, as entradas había que retiralas unha hora antes.

Vamos, que unha hora antes, ás 19:30 horas alí estabamos a miña moza máis eu para collermos entradas. E que pasou? Si, si, acertáchedes: non había. Sorprende verdade? Nin máis nin menos que 300 asentos ten o auditorio de Rianxo. Pura maxia antes do espectáculo. O caso é que nos dixeron que volvésemos ás 20:30 horas por se alguén devolvía a súa entrada ou quedaban prazas libres no auditorio.

Así que pelín cabreados dedicimos regresar unha hora despois para ver se había sorte. Pola cabeza pasábansenos dúas alternativas pola cabeza: ou ben comezaron a repartir as entradas antes ou ben os organizadores as colleron e por detrás as deron ao seu antollo.

Total, que ás 20:20 horas volvemos. Na entrada había moitísima xente, a maioría tamén co noso mesmo problema: non tiña entrada. Unha destas persoas, coñecida miña, comentoume que ela e un grupo de persoas foron coller as entradas ás 19:00 horas, pero lles dixeron que non, que ata dentro de media hora non as daban. E cando chegaron, ás 19:35 non había.

Así pois, queda claro que dende a organización se quedaron coa maioría das entradas e para os que fomos retirar coa idea de ver o espectáculo indo coller as nosas á súa hora quedaron catro tickets contados. Eu entendo que a xente que fai o espectáculo teña para a súa familia e amigos. Pero vexamos, o show fórmamo 13 persoas (entre técnicos, músicos, actores e mago), así que se cada un leva para a casa 10 entradas, hai que descontar 130 prazas no auditorio. Pero faltan outras 170. Iso é un xogo de mans, e o resto son parvadas.

Actualización: agradezo aos de Certo.es que difundisen este tema no seu web. Tamén escribín a La Voz, El Correo Gallego e Diario de Arousa sobre este tema. Tamén lles enviei un correo á xente do Concello amosando o meu malestar sobre este tema e déixovos aquí os correos por se queredes facer o mesmo: auditorio@rianxo.com e cultura@rianxo.com

Advertisements