O pasado sábado 23 de maio celebrouse a décimosexta edición da Subida Ao Castro Barbudo organizada pola Peña Cicloturística Castro Barbudo de Taragoña.
Fotos e crónica da XVI Subida ao Castro Barbudo 2015
27 Mai- Comentarios Deixar un comentario
- Categorías deporte
- Autor xoancastro
O próximo sábado, XVI Subida o Castro Barbudo
15 Mai
Xa te podes apuntar para participar na XVI Subida ao Castro Barbudo, que terá lugar o sábado 23 de maio en Taragoña. Ademais, rematará cunha churrascada espectacular, como cada ano. Para repoñer ben as forzas despois das pedaladas 😉
O prezo este ano será de 12 euros (festa final incluída), tanto para federados como non federados. Disporase dun avituallamentos un sólido e doutro líquido e todos os inscritos entrarán no sorteo de varios regalos.
Ás 3 da tarde en Campo de Pazos comezarán as inscricións, e ás 16.00 horas comezará a proba. Se vos gusta a bici de montaña, non deixedes de ir, que ademais dos montes de Taragoña, Rianxo e Lousame formaredes parte dunha proba que leva 16 anos, que se di pronto.
Etiquetas: BTT, Rianxo, Taragoña, XVI Subida ao Castro Barbudo
- Comentarios Deixar un comentario
- Categorías deporte
- Autor Óscar
Visitas
- 1.141.183 persoas deixáronse caer por aquí
