Dende este blog imos entrevistar a dous dos candidatos á alcadía de Rianxo, á candidata polo PP, Vanessa Martínez, e ao candidado polo BNG, Adolfo Muíños. De momento do PSOE non tivemos resposta.
Se che gustaría facerlle algunha pregunta en concreto aos candidatos, envíame un correo a oscar.reboiras@gmail.com
Por favor, ante todo respecto e boas formas.
Parabéns Óscar!
A nosa pregunta: Pensan deixar espazo na web do Concello aos grupos políticos -sexa quen sexa o que chegue a gobernar- que representan ao pobo e tamén aos colectivos veciñais e asociacións que queiran publicitar a súa actividade?
Na páxina web do Concello xa existe un espazo para as asociacións, que lles permite informar sobre as súas actividades, publicar novas, etc. Está na zona RIANXEIROS/ASOCIACIONS
Que eu saiba ofertaronlle o espazo a tódalas asociacións e incluso se fixeron actividades formativas para explicar o funcionamento, xa que é a propia entidade a que xestiona (on-line) o seu espazo. Penso que incluso poden publicar novas que aparecen no xornal dixital da web
Vai de Roda, AA.VV. do Araño, C.D. Unión, entre outras fixeron uso deste servizo. Como exemplo, mándovos o espazo da Asociación A Moreniiña.
http://portelo.rianxo.com/index.php?idMenu=79&idIdioma=2&int1=2
Hai que recoñecer que o formato non é moi dinámico e que non lle deron moita publicidade pero estar está.
A miña pregunta: Que modificacións incluirían na política de servizos ó cidadan: servizos sociais, cultura, deportes… e que papel lle van outorgar aos axentes sociais locais implicados nestes ámbitos?