Tag Archives: eleccións

Resultados das eleccións xerais 2015 en Rianxo

20 Dec

Resultados das mesas electorais ao Congreso:

Rianxo. Distrito 1, sección 1, mesa A:
En Marea: 164
PP: 122
PSOE: 122
Nós Candidatura Popular: 70
Ciudadanos: 53
Pacma: 2
Solidaridad y Autogestión: 1
Com. de Galicia: 1

Rianxo. Distrito 1, sección 1, mesa B:
En Marea: 195
PP: 173
PSOE: 151
Nós Candidatura Popular: 63
Ciudadanos: 43
Pacma: 2
UPyd: 1
PT: 1
Solidaridad y Autogestión: 1
Com. de Galicia: 1

Rianxo. Distrito 1, sección 3, mesa A:
En Marea: 115
PP: 113
PSOE: 74
Nós Candidatura Popular: 35
Ciudadanos: 20
Pacma: 3
UPyd: 1
PT: 1
Solidaridad y Autogestión: 1
Com. de Galicia: 3

Rianxo. Distrito 1, sección 2, mesa A:
En Marea: 106
PP: 102
PSOE: 42
Nós Candidatura Popular: 70
Ciudadanos: 42
Pacma: 4
Solidaridad y Autogestión: 1
UPyD: 1
Recortes cero: 1
Comunistas da Galiza: 2

Rianxo. Distrito 1, sección 2, mesa B:
En Marea: 92
PP: 129
PSOE: 89
Nós Candidatura Popular: 44
Ciudadanos: 31
Pacma: 5
Solidaridad y Autogestión: 1
UPyD: 2
Recortes cero: 1
Comunistas da Galiza: 5

Taragoña. Mesa A:
En Marea: 140
PP: 139
PSOE: 88
Nós Candidatura Popular: 23
Ciudadanos: 15
UPyD: 6
Pacma: 4
PT: 1
Comunistas da Galiza: 1

Taragoña. Mesa B:
PP: 117
En Marea: 110
PSOE:86
Nós Candidatura Popular: 18
Ciudadanos: 26
UPyD: 6
Pacma: 2
PT: 2
Comunistas da Galiza: 1

Araño. Mesa A:
PP: 161
En Marea: 115
PSOE: 103
Nós Candidatura Popular: 35
Ciudadanos: 28
Pacma: 3
Recortes cero: 1
PT: 1

Araño. Mesa B:
PP: 115
PSOE: 99
En Marea: 98
Nós Candidatura Popular: 32
Ciudadanos: 21
Pacma: 3
UPyD: 2
Comunistas da Galiza: 2
PT: 1


Asados. Mesa B:

PP: 137
En Marea: 117
PSOE: 93
Nós Candidatura Popular: 60
Ciudadanos: 18
Pacma: 3
Com. de Galicia: 2
UPyD: 1
PT: 1

Leiro:

PP: 206
Marea: 159
PSOE: 132
Nós Candidatura Popular: 63
Ciudadanos: 30
Recortes cero: 3
VOX: 3
Com. de Galiza: 1

Isorna:
PP: 213
PSOE: 72
En Marea: 59
Nós Candidatura Popular: 25
Ciudadanos: 22
UPyD: 2
Pacma: 1

Actualización 19:05h: A porcentaxe de participación segue a ser menor que á de hai catro anos. No segundo avance ofrecido polo Ministerio de Interior, os datos indican que votaron 5.674 rianxeiro (58,94%), fronte aos 5.947 veciños (60,27%) das eleccións xerais do 2011. Isto contrasta cos datos a nivel estatal, onde a participación é algo superior aos anteriores comicios.

Actualización 17:42h: De momento menor participación que nas anteriores eleccións. No primeiro avance, votaron 3.216 rianxeiros, o 33,41% dos chamados a votar. Unha participación un punto menor á de 2011, o que se traduce en 200 votos menos polo de agora. Á mesma hora das anteriores xerais, votaran 3.415 veciños (34,61%).

Hoxe iremos dando conta do que se vota en Rianxo nestas eleccións ao Parlamento e ao Senado estatais. O voto varía segundo o tipo de eleccións, xa que a xente non vota igual nunhas xerais, que nunhas autonómicas ou unhas municipais.

De feito, aínda que xeralmente se di que Rianxo é de esquerdas polos gobernos locais que tivo (BNG e antes PSOE), nas últimas eleccións para escoller presidente do Goberno, no noso concello o partido con máis votos foi o PP:


Pola contra, no ano 2008 (cando saíu elixido Zapatero), os socialistas foron a formación con máis papeletas:

Mentres, o BNG mantivo a liña de terceiro partido máis votodo, con con 1.400 sufraxios. Este ano cremos que terá menos, debido á chegada de “En Marea” (onde se agrupa Anova, EU e Podemos), e tamén a que hai outros novos partidos emerxentes como Ciudadanos. Aínda que este feito afectará a todos os partidos, en canto que o voto estará máis repartido e suponse que non haberá maiorías absolutas, deixando os escanos do Parlamento moi repartidos.

 

Candidatura ás eleccións na ARE 2014

21 Feb

candidatura1ok

Onte pola noite, presentouse no restaurante Tanxil unha das candidaturas ás proximas elecións na Asociación de Empresarios de Rianxo (ARE). A candidatura, capitaneada por Alfonso Castro Rodríguez acudiu á presentación co ánimo de mostrarlles @s presentes as liñas de actuación no caso de gañar as elecións que se van celebrar no local da ARE o próximo día 7 de marzo, ás 21:00 horas. Estes son os compoñentes da lista: Presidente: Alfonso Castro, Vicepresidenta: Mirian del Río, Vicepresidente: Rafael Maroñas, Interventor: David Alcalde, Tesoureiro: Vicente Martinez e secretario: Luis Duro

Seguir lendo

Resultados das eleccións xerais en Rianxo

20 Nov

Velaquí tedes o resultado das eleccións xerais unicamente no concello de Rianxo:


Actualización: e aquí tedes a comparativa con respecto ás anteriores xerais, ás do 2008.

Para contextualizar estes resultados, en primeiro lugar hai que sinalar que baixou a participación, xa que no 2008 foi do 78,02%, mentres que este ano foi do 71,78%. Así, mentres hai tres anos e pico votaron 7.665 persoas no concello, este ano fixérono 7.077, é dicir, que houbo 588 votos menos.

A abstención neste caso (porque sempre pode variar o censo electoral por morte dalgún veciño, porque cambio de residencia a outro concello ou ben porque se recibe poboación) foi de 2.791 electores, cando no 2008 foron 2.159 as persoas que non exerceron o seu dereito a votar (632 persoas menos que no 2008, o que case coincide cos votos de menos que houbo).

Aumentou nun punto o voto nulo (126 e o 1,78% dos sufraxios emitidos) e en case medio punto o voto en braco (79 papeletas e 1,14% do total).

Pero vaiamos aos grandes datos. O Partido Popular obtivo os seus mellores resultados no concello de Rianxo. A pesar de que baixaron as persoas que votaron, o PP conseguiu 308 votos máis. E tamén aumentou a súa porcentaxe, do 37,51% ao 45,57% (é dicir, a case catro puntos de ter a metade dos votos do concello). Vamos, que os populares arrasaron e seguen na súa liña ascendente a nivel electoral na nosa localidade.

A formación máis votada nas anteriores eleccións, co 40,99% dos votos e 3.117 papeletas, o PSOE, pasou desta vez a ter 2.008 sufraxios (1.109 menos) e o 28,88% de todas as papeletas. Vamos, que o resultado non podía ser peor. Cremos que moitos dos seus simpatizantes desta vez optaron por non ir votar (de aí que baixase a participación), ben tiraron directamente para o PP (o voto de centro que se adoita chamar, e que vai fluctuando, e que explica tamén a subida dos populares no concello, ante o gran descontento pola xestión da crise por parte do PSOE) ou destinaron o seu voto a Esquerda Unida (con 178 votos consegue 112 máis que no 2008) ou UPyD (sube de 13 a 40 votos).

Con respecto ao BNG, os frontistas pódese dicir que levan unha de cal e unha de area. É dicir, perden 48 votos (baixan de 1.449 a 1.401), pero suben un punto a súa porcentaxe de votos con respecto ao 2008 ao pasar do 19,05% ao 20,15% de todos os sufraxios do concello. Realmente non é que sexa algo para botar foguetes tendo en conta que se trata da formación de referencia agora en Rianxo ao ter a alcaldía, pero tampouco son cifras para preocuparse (aínda que está claro que o PP será un duro rival a batir a nivel local, xa que non se sabe onde vai rematar a súa progresión).

En definitiva, o PP gañou con rotundidade (foron 300 votos máis, pero tendo en conta que baixou a participación no concello está moi ben); o PSOE perdeu máis dun milleiro de votos, así que foi unha gran debacle para un concello historicamente socialista (continúa a liña descendente iniciada dende as locais, se agora sen un referente claro, como era Pedro Piñeiro), e o BNG máis ou menos mantense, polo que hai unha certa incertidume do que poida pasar de cara ao futuro (entendemos que todo dependerá das decisións que se tomen dende o Concello, do que se faga en Rianxo e das tensións BNG-PP, ou Adolfo Muíños-Vanessa Martínez).

Algunhas reflexións sobre as eleccións en Rianxo

25 Mai

Vexamos os resultados das eleccións deste 2011:

9.898 veciños podían votar, dos cales o fixeron 6.873 (69,44%) e se abstiveron 3.025 (30,58%).

PP: 2.439 votos (36,11%) e 6 concelleiros
BNG: 2.146 votos (31,77%) e 6 concelleiros
PSOE: 2.030 votos (30,05%) e 5 concelleiros
Votos en branco: 118 (1,72%)
Votos nulos: 140 (2,07%)

Resultados das eleccións no 2007:

11.271 veciños podían votar, dos cales o fixeron 7.185 (63,75%) e se abstiveron 4.086 (36,25%).

PP: 1.725 votos (24,25%) e 4 concelleiros
BNG: 1.737 votos (24,42%) e 4 concelleiros
PSOE: 3.540 votos (49,76%) e 9 concelleiros
Votos en branco: 112 (1,57%)
Votos nulos: 71 (0,99%)

En primeiro lugar o que me chama poderosamente a atención é o moito que baixou de hai catro anos para aquí o censo electoral. En total en 1.373 persoas, o que pode indicar que Rianxo está perdendo bastante poboación, seguramente cara outros concellos onde a vivenda está máis barata (sei de moitos que marcharon para Boiro) ou ben a outros onde poden atopar traballo (un servidor é o exemplo).

Así que aínda que a participación aumentase en 5,69 puntos, esta é relativa porque o número de veciños (as cifras absolutas), son inferiores a hai catro anos, en concreto houbo 312 votos menos. De todo os xeitos, a participación media nacional foi do 66,23%, polo que en Rianxo estamos un pouco por riba.

Outro dato que me choca é que aumentase a porcentaxe e votos branco e nulos (sobre todo estes últimos dobráronse). A porcentaxe total pasou do 2,56% ao 3,79%, o que evidencia que aumentaron os que non están contentos nin se senten identificados con ningunha das formacións que se presentaron.

Vendo os resultados dos partidos a conclusión clara é que suben PP e BNG mentras baixa estrepitosamente o PSOE. En concreto, os socialistas perden 1.510 votos, é dicir, que 4 de cada 10 persoas que no 2007 votou polo PSOE cambiou o seu voto.

Pola súa banda o BNG gaña 409 votos e o PP aumenta en 714 os seus votantes. Estes últimos, os populares, subiron nun 41,39% as súas papeletas mentres que os frontistas fixeron o propio nun 23,54% con respecto ao 2007. Isto demostra que a maior parte dos votos que perdeu o PSOE foron parar ao PP e seguramente terá moito que ver nisto o efecto Zapatero e o desgaste que teñen a nivel nacional os socialistas.

Realmente houbo unha inversión total de papeis (o PP pasou de ser o menos votado ao máis votado e o PSOE de ter maioría absoluta converteuse na formación con menos apoio), pero ningunha formación demostrou inclinar en demasía a balanza dos rianxeiros, porque ao final houbo un reparto de concelleiros bastante igualado: 6, 6 e 5, o que complica as cousas para formar un goberno estable e sen sobresaltos (ben porque o PP leve a alcaldía en minoría ou ben porque BNG e PSOE pacten, porque non está claro que haxa entendemento e un deles sempre sairá desgastado).

Que lle preguntarías aos candidatos á alcaldía de Rianxo?

25 Abr

Dende este blog imos entrevistar a dous dos candidatos á alcadía de Rianxo, á candidata polo PP, Vanessa Martínez, e ao candidado polo BNG, Adolfo Muíños. De momento do PSOE non tivemos resposta.

Se che gustaría facerlle algunha pregunta en concreto aos candidatos, envíame un correo a  oscar.reboiras@gmail.com

Por favor, ante todo respecto e boas formas.