Vexamos os resultados das eleccións deste 2011:
9.898 veciños podían votar, dos cales o fixeron 6.873 (69,44%) e se abstiveron 3.025 (30,58%).
PP: 2.439 votos (36,11%) e 6 concelleiros
BNG: 2.146 votos (31,77%) e 6 concelleiros
PSOE: 2.030 votos (30,05%) e 5 concelleiros
Votos en branco: 118 (1,72%)
Votos nulos: 140 (2,07%)
Resultados das eleccións no 2007:
11.271 veciños podían votar, dos cales o fixeron 7.185 (63,75%) e se abstiveron 4.086 (36,25%).
PP: 1.725 votos (24,25%) e 4 concelleiros
BNG: 1.737 votos (24,42%) e 4 concelleiros
PSOE: 3.540 votos (49,76%) e 9 concelleiros
Votos en branco: 112 (1,57%)
Votos nulos: 71 (0,99%)
En primeiro lugar o que me chama poderosamente a atención é o moito que baixou de hai catro anos para aquí o censo electoral. En total en 1.373 persoas, o que pode indicar que Rianxo está perdendo bastante poboación, seguramente cara outros concellos onde a vivenda está máis barata (sei de moitos que marcharon para Boiro) ou ben a outros onde poden atopar traballo (un servidor é o exemplo).
Así que aínda que a participación aumentase en 5,69 puntos, esta é relativa porque o número de veciños (as cifras absolutas), son inferiores a hai catro anos, en concreto houbo 312 votos menos. De todo os xeitos, a participación media nacional foi do 66,23%, polo que en Rianxo estamos un pouco por riba.
Outro dato que me choca é que aumentase a porcentaxe e votos branco e nulos (sobre todo estes últimos dobráronse). A porcentaxe total pasou do 2,56% ao 3,79%, o que evidencia que aumentaron os que non están contentos nin se senten identificados con ningunha das formacións que se presentaron.
Vendo os resultados dos partidos a conclusión clara é que suben PP e BNG mentras baixa estrepitosamente o PSOE. En concreto, os socialistas perden 1.510 votos, é dicir, que 4 de cada 10 persoas que no 2007 votou polo PSOE cambiou o seu voto.
Pola súa banda o BNG gaña 409 votos e o PP aumenta en 714 os seus votantes. Estes últimos, os populares, subiron nun 41,39% as súas papeletas mentres que os frontistas fixeron o propio nun 23,54% con respecto ao 2007. Isto demostra que a maior parte dos votos que perdeu o PSOE foron parar ao PP e seguramente terá moito que ver nisto o efecto Zapatero e o desgaste que teñen a nivel nacional os socialistas.
Realmente houbo unha inversión total de papeis (o PP pasou de ser o menos votado ao máis votado e o PSOE de ter maioría absoluta converteuse na formación con menos apoio), pero ningunha formación demostrou inclinar en demasía a balanza dos rianxeiros, porque ao final houbo un reparto de concelleiros bastante igualado: 6, 6 e 5, o que complica as cousas para formar un goberno estable e sen sobresaltos (ben porque o PP leve a alcaldía en minoría ou ben porque BNG e PSOE pacten, porque non está claro que haxa entendemento e un deles sempre sairá desgastado).
O descenso tan acusado de censo é polo dos emigrantes, pasou en todos os concellos.
Un, acabo de buscar no INE e o censo de estranxeiros con dereito a voto en Rianxo nestas eleccións foi de 15, así que non creo que diferenza dende o 2007 sexa de mil e pico estranxeiros que antes votaron e agora non. Ademais, moitos deles móvense en busca de traballo e non se empadronan. No IGE o total de inmigrantes en 2009 que chegaron a Rianxo foi de 304 persoas.
O que si, coñezo moita xente do Araño que lle tocou a lotaría cando foi o do Gordo, que esperou polo PXOM para facer unha casa, non puido, e finalmente marchou a Boiro onde había pisos de 90.000 e 100.000 euros, moitos máis baratos que os de Mahía, que custaban uns 240.000 euros e eran prohibitivos para os rianxeiros. No IGE sinálase que 2007 a 2009 emigraron de Rianxo á mesma comarca un total de 188 persoas, e supoño que a cifra aumentaría tamén no 2010.
Entendo que finalmente debeu ser unha mestura dos rianxeiros que se foron e dos inmigrantes que tiveron que irse porque rematou o tema da construción.
Un, estiven recompilando os datos dos chamados a votar en Rianxo das diferentes votacións: Europeas, autonómicas, estatais, etc. e realmente o 2007 foi unha excepción, xa que en ningunha outra elección se pasou dun censo electoral de 10.000 persoas. É algo moi raro.
2011: 9.898
2009: 9.900
2008: 9.824
2007: 11.271
2005: 9.788
2004: 9.766
O dito, que me acaba de descolocar e tirar por baixo a miña teoría 😦
Pois a min a leria esa do gordo e o PXOM non me parece que fose a razón de que a xente marchara a comprar a Boiro. Sempre houbo e hai rianxeir@s que renegan de Rianxo, a non ser na Guadalupe, e prefiren vivir en Boiro porque é máis “guai”. Que non digo que a vivenda fose máis cara nun lado que noutro, que non o sei, pero máis do dobre polos mesmos metros cadrados??? Permíteme que o dubide.
Cada un fai o que quere iso está claro, polo que non vou xulgar as accións de cada un. En Rianxo houbo pisos dende moito antes que a de Mahía, incluso de PO, e algúns preferiron ir mercar a Boiro, e despois ir traballar a Rianxo todos os días, polo feito de que “como en Rianxo xa viven meus pais, prefiro unha vivenda en Boiro”.
E o de construír casas en Rianxo, se vas polas aldeas (que vas), parroquias, mesmo nos núcleos, sempre se viron facer ou reformar casas, polo que o de “como non podo facer unha casa, voume mercar un piso a Boiro”. Pois vale, cada un co seu. Para min non ten sentido.
En fin, que non é o tema pero as cousas teñen moitos puntos de vista.
E parabéns pola bitácora Oscar, son asiduo.
Home rianxeiro, ahí creo que estás un pouco equivocado, explicome: tes razón en que hai parte de xente que vai para boiro porque “renegan” de rianxo, eso tes a razón, porque (sen andarnos con tabúes) en taragoña sempre tiraron para boiro antes que para rianxo, aínda que despois veñan a currar a rianxo (barco, bateas, rastear…) ahí tes toda a razón.
pero na segunda parte creo que estás equivocado, porque eu sei de moitas persoas que estuberon anos esperando polo pxom e ó final tuberon que mercar en outros sitios, quero decir, xente que comprou unha finca edificable, e no ano 2002 dun dia para outro cambiou a normativa á espera do pxom e quedou con unha leira sen poder edificar, e claro, esperaron ata que tuberon que ir a outro lado, e con outro lado quero decir casa ou piso de rianxo centro ou de outro lado.
porque as fincas (poucas) que quedaban edificables (que as había e hai) solo tes que mirar canto che salen, como exemplo tes as fincas de rianxiño que andan sobre 98.000€, que como ves, pouco menos era que un piso en boiro.
que dito sea de paso tuben dous amigos que mercaron en boiro e vilagarcía e non en rianxo, porque (antes de estar mahía) lles salía mais barato que en rianxo.
Para asegurarte do que che digo, podes ir ó concello e pides unha fotocopia do plano que hai de rianxo onde aparecen as zonas que son edificables, ou creo que tamén o podes ver no sigpac, e realmente verás que son minimas, ata para facer edificios, creo que solo quedaban en todo rianxo duas fincas, DUAS, claro así estaban mais caros que en rianxo, debido á falta de demanda.
mirade de que precios estamos falando:
http://www.milanuncios.com/solares-en-rianxo-la_coruna/finca-edificable-en-rianxo-13644649.htm
http://www.habitamos.com/post/6274118/parcela_urbana_610_m2_rianxo_a_coruaa
http://www.habitamos.com/post/3009648/parcela_urbana_en_rianxo_a_coruaa
http://www.habitamos.com/post/497411/parcela_edificable_en_rianxo_de_442m2
comprenderedes, que con estes precios, a xente busque outras cousas.
Por certo, antes da reducción do 2002 encontrabas fincas edificables polas aldeas por 20.000-35.000 sen ter que buscar moito. (fincas boas)