De cando sor Lucía, a do milagre de Fátima, veraneou en Rianxo, se lle apareceu Deus e foi a un discurso de Castelao

8 Xan

Antes de nada, teño que comentar que este post é todo mérito de Rabunho Rexeita. Para quen non o coñeza, é unha das referencias do noso Concello en canto a historia, curiosades e información. E máis en concreto na parroquia do Araño. O caso é que un día estando con Tito, de Rabunho Rexeita, e con Juan Carlos Collazo, experto no noso patrimonio arqueolóxico, faláronme desta historia, que por outra banda xa publicara Tito.

A min é unha historia que me fascina e que hoxe quero compartir con vós, con varios apuntamentos que tamén compartíu comigo Tito estes días.

A todo isto, o título do artigo, aínda que soe raro ou a cachondeo, é todo menos broma. Xa digo que é unha historia sorprendente, pero moi certa. Sor Lucía, unha das persoas que forma parte das aparicións de Fátima, estivo veraneando en Rianxo. Pero non veranear como entendemos hoxe en día, senón que estivo descansando.

Neste vídeo, que está en inglés, explican que sor Lucía viu a Rianxo porque estaba cansa. Todo o mundo a coñecía, o que supoñía para ela unha gran presión. Así que precisaba certo anonimato e que ninguén a molestase. Dese xeito, mentres descansaba en Rianxo, que só a nai superior e outra persoa sabían onde estaba.

Como explicaba tamén Rabunho Rexeita, “por aquel tempo residía no convento das irmás Doroteas en Tui”. A irmá da superiora tiña unha casa en Rianxo, e así foi como xurdíu a idea de que viñese ata a nosa localidade.

E mentres estivo en Rianxo, Deus tamén aparecéuselle para facerlle certas revelacións. Rabunho tamén comenta que este feito tivo lugar “na capela da casa onde estaba residindo. Grazas á señora Pepa Martínez Vicente, soupemos que esta aparición fora na casa de dona Cándida que era irmá da superiora do convento onde se atopaba Sor Lucía”. Polo que sabemos, era na rúa de Abaixo. Outras referencias en internet indican que foi na capela da Guadalupe.

Fonte: fatimacrusader.com

Como anécdota, comentar que, segundo vimos publicado en culturagalega.org, a irmá de Castelao, Teresa, “conta a anécdota de que na casa dunha coñecida veciña estaba Sor Lucía, unha das nenas de Fátima, de procedencia portuguesa, escoitando moi interesada o discurso (do propio Castelao), pois por ser en galego podía comprender todo”.

A que discurso se refire? Pois a un mitin galeguista que deu Castealo e Suárez Picallo no campo de Abaixo (hoxe en día praza de Castelao).

Sobre este discurso tamén publicou varias reseñas Rabunho Rexeita. De feito, o propio Tito coméntame que este mitin foi no ano 1932, mentres que a aparición que sufríu sor Lucía foi en 1931, “pero ela seguiu veraneando en Rianxo, polo que non é de estrañar que fora ao mitin”.

Pero volvamos de novo ás aparicións que vivíu sor Lucía en Rianxo. Como se pode ler en webs como fatima.org, en agosto de 1931 Deus trasladoulle unha serie de mensaxes, que transmitíu ao seu bispo:

“Señor Obispo: mi confesor me manda que participe a vuestra excelencia lo que hace poco ocurrió entre mí y Nuestro Buen Dios: pidiendo a Dios la conversión de Rusia, de España y Portugal, me pareció que su Divina Majestad me dijo:
‘Me consuelas mucho pidiéndome la conversión de esas pobres naciones. Pídelo también a mi Madre, diciendo muchas veces: Dulce Corazón de María, sed la salvación de Rusia, de España y de Portugal, de Europa y del mundo entero.
‘Y otras veces: por vuestra pura e Inmaculada Concepción, oh María, alcanzadme la conversión de Rusia, de España, de Portugal, de Europa y del mundo entero.
‘Participa a Mis ministros que, en vista de que siguen el ejemplo del Rey de Francia, en la dilación de la ejecución de mi petición, también lo han de seguir en la aflicción. Nunca será tarde para recurrir a Jesús y a María.’
“Mas tarde, por medio de una comunicación íntima, Nuestro Señor me dijo, quejándose:
‘-No han querido atender Mi petición… Al igual que el Rey de Francia se arrepentirán, y la harán, pero ya será tarde. Rusia habrá ya esparcido sus errores por el mundo, provocando guerras y persecuciones a la Iglesia. El Santo Padre tendrá que sufrir mucho!’

É dicir, que se trataba de poñer fin ao comunismo en España, en Portugal e en Rusia. Ademais, esta visión daba sentido a outra de Jacinta, outra das rapazas de Fátima.

En canto ao tema de Francia, segundo vimos nesta páxina, “esta es una clara alusión al pedido del Sagrado Corazón en 1689 a Santa Margarita María de Alacoque -desarrollar la devoción al Sagrado Corazón de Jesús-, pedido que sucesivamente Luis XIV, Luis XV y Luis XVI desatendieron; en 1789 ocurrió la Revolución Francesa, y todos sabemos de los estragos y de la sangre vertida en la Iglesia de Francia y en el mundo”.

Nesa mesma páxina, coméntase que a petición a través de sor Lucí chegou ao Papa Pío XI, que “confió en gestiones de ‘buena voluntad’ ante Lenin, que sostenía Mons. d`Herbigny y no la hizo. Pío XII muy posiblemente desinformado por traiciones en su Sec. de Estado, desconoció el pedido, que hubiera cumplido. Los papas post-conciliares, fieles al pacto Roma-Moscú desoyen el pedido del Cielo”.

Fonte: emol.com

Advertisement

Unha resposta a “De cando sor Lucía, a do milagre de Fátima, veraneou en Rianxo, se lle apareceu Deus e foi a un discurso de Castelao”

Trackbacks/Pingbacks

  1. Entrevista a Óscar Reboiras | Fotos de Rianxo - 07/01/2015

    […] nós pero que descubriron outos, como Tito en Rabunho Rexeita, como foi o tema de que estivo veraneando en Rianxo Sor Lucía, a do milagre de Fátima, iso a min paréceme un tema interesantísimo, un tema que para moita […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: