Todo listo para comece unha das mellores festas de Galicia. Todo preparado para 8 intensos días de festas que lle poñen o colofón ao verán. Chega a Gualudape 2015!
O venres teremos a Gafas e Pallaso no tradicional chupitaso darlle a benvida á troula.
O sábado comezan as orquestras pero antes, polo mediodía (13.30h), Pepe Penabade, no papel de Afiador, realizará o pregón (tamén andará polo feirón). Esa mesma noite chegará outro dos grandes pratos fortes, o Rock in Rian, cun cartel de luxo e, aínda por riba, totalmente gratuíto:
O domingo teremos a tradicional procesión marítima (a ver o tempo como se porta, porque semella que dá chuvia).
O luns será o día das Juadalupeñas (onde xa é convidado fixo a orquestra Abanico), o martes volverá a cultura urbana, o mércores será día de circo e malabares, o xoves será un dos momentos máis especiais, xa que desfrutaremos do Feirón Mariñeiro:
E con isto, como quen non quere a cousa, chegaríamos ao venres e ao momento cume das festas, cantando a Rianxeira e alumeando a praza de Castelao (este ano as bengalas non teñen perigo). E ademais do ritmo de Triunfo, Sintonía e Cinema, celebrarase no parque de Galicia o Rianxo on Fire, tamén gratuíto:
Deixar unha resposta