Xa podemos estar todos con frío na casa, sen gañas de saír á rúa, que aí tedes aos do Clube de Remo de Rianxo, un sábado á mañá adestrando, faga o tempo que faga. Uns campións!
José María Vicente, o descubridor do casco de ouro de Leiro
24 XanAbril de 1976. En Estados Unidos acábase de fundar un xigante tecnolóxico, Apple. Mentres, en Rianxo, José María Vicente (25/05/1936) un mariñeiro de Leiro, está a traballar. O choio é o choio e os tempos son os que son. Andan a roubar o gasoil para os barcos, botando nas garrafas auga, para que a xente non desconfiase, pero iso despois trae consecuencias para os motores.
II Marcha BTT Concello de Rianxo
20 XanO 23 de febreiro de 2014 terá lugar a II Marcha BTT Concello de Rianxo organizada polo club Castro Barbudo. Ao igual que o ano pasado, terán 3 dificultades (27, 40 e 60 km) para dar cabida a todos os amantes da bicicleta tanto principiantes como os mais veteranos.
Hai un límite de 500 participantes e a inscrición custa 6€. Medio cento de persoas xa están apuntadas. Se te queres animar, podes apuntarte aquí http://www.championchipnorte.com/evento/inscribirme/id/93
María, a cabreira de Campelo
17 XanMaría é de Campelo. Mentres paseo en bici polo monte véxoa nun alto, ao pé do camiño, arrimada a un can e rodeada de 20 cabras. Párome uns metros máis adiante, pensando en se é interesante ou non para a exposición Ruando Rianxo e decido dar volta e falar con ela.
Fotos da exposición de Ruando Rianxo
16 XanVelaquí algo que nos pedíades: a recompilación de todas as fotos que forman parte da exposición Ruando Rianxo. Cal vos gusta máis?
As chuvias afectan ao marisqueo
13 XanEsta fin de semana, paseando pola praia do Porrón, puiden apreciar milleiros de berberechos e centos de longueiros mortos. Como se pode observar nas imaxes, non se trata de cunchas antigas, senón de berberechos con moi pouco tempo. En moitos deles obsérvanse os restos dos bilvavos mortos. Semella que as chuvias e o temporal que estes días afecta a Galicia está a afectar seriamente a campaña marisqueira en Rianxo.










