Ti tamén celebras a chegada de maio poñendo flores de xestas na porta da casa, no coche ou nalgún outro sitio? Pásanos as túas fotos a fotosderianxo@gmail.com
Un mozo de Rianxo necesita a túa colaboración
7 FebRomán, este rianxeiro de 20 anos, necesita a colaboración de todos nós para porlle solución a un feito que non o deixa vivir dende o pasado 24 de xaneiro. Neste vídeo podedes ver que aconteceu. Moi triste 😦
A estela galaicorromana descuberta en Taragoña, tamén chamada pedra de Rufino
24 XanHai pouco dei cunh interesante artigo no blog de Percorrendo Arousa Norte. Comentábase como en 2007 se descubrira en Taragoña, na zona da Igrexa, unha estela galaicorromana. Realmente descubriuna a familia Fungueiriño, mentres realizaban uns traballos na adega da casa. Despois, contactaron coa xente que traballa no Centro Arqueolóxico de Neixón. O arqueólogo Xurxo Ayán (do CSIC) e Pedro López Barja confirmaron a descuberta.
No propio blog de Neixón comentan como foi todo, como un día de agosto de 2007 ata os castros de Neixón foi Miguel Fungueiriño e preguntou como non quere a cousa “E atopades pedras con letras?”.
O caso é que moitos anos antes, “o seu pai, escañando para alicerzar a adega da casa, no lugar da Igrexa, en Taragoña, deu cun pedrolo ben feitiño de pedra de gra. Vendo a disposición do bloque granítico, o vello da casa tiña a intención de deitar a pedra no patio. Sen embargo, a muller da casa paralizou o empedrado proxectado cun argumento de peso: a pedra ten letras, hom! E este gusto pola grafoloxía fixo que a pedra acabase de banco ao carón do galiñeiro”.
Ao día seguinte, quedaron con el e atoparon a pedra no patio da casa. E alí estaba, “unha abraiante estela galaicorromana, nun estado de conservación bastante bo, malia ter crebado o remate do campo epigráfico. En latín, con gueada das Rías Baixas dos séculos II-III d. C., pódese ler o que segue:
D(is) M(anibus) • Pos(uit)
Ursus
ingenu-
o suo • Ru-
fino • Pin-
[ta?]ni (filio?)
Que en romance vén sendo algo así como: “Aos deuses Manes. Púxo (o) Urso, para o seu (¿amigo?) Rufino, (fillo?) de Pin [ta?]no, de nacemento libre”.
Como sinalan en Patrimoniogalego.net, “o tramo conservado mide 56 cm. de ancho por 156 cm. de altura e por un máximo de grosor de 26 cm., posiblemente o remate fora de forma semicircular. Pódense distinguir tres campos separados por molduras. O superior está decorado por unha roda radiada dextroxira e dous discos cun punto no centro. No central presenta unha lúa coas puntas cara arriba, catro discos cun punto no centro e tres arcos. O inferior ten un texto gravado na pedra, e que continuaría no anaco que lle falta, pois nese lugar aínda se lle poden apreciar restos de dúas letras.”

Fonte: Patrimoniogalego.net
O caso é que aos poucos días saíu a noticia na prensa, sen falar para nada de que o achado fora da familia, a Xunta mandou un inspector ata o lugar, peritárona, metérona nunha camioneta e agora está Centro Arqueolóxico de Barbanza, en Boiro (Cespón).

Fonte: Patrimoniogalego.net
Fotos antigas do Pazo dos Calotes nun proxecto artístico
8 XanHoxe poño aquí un pequeno tesouro, unha curiosidade fotográfica que naceu dun proxecto artístico que desenvolveu a miña irmá Sheila cando estudaba Belas Artes en Pontevedra. Son fotos sacadas hai uns dez anos, cando o Pazo dos Calotes do Araño aínda estaba caendo a cachos. De feito, as imaxes realmente foron sacadas cunha cámara analóxica e estas instantáneas son fotos das copias en papel que ela sacou.
O proxecto artístico quería contar a historia dun espírito da familia dos Calotes, que esperaba un século despois da súa morte e atopaba en ruínas o que fora o seu fogar. Agardo que vos gusten.
Datos sobre as visitas do blog durante o 2012
5 XanA xente de WordPress.com, a plataforma onde teño aloxado o meu blog, sempre me manda a primeiros de cada ano información sobre as estatísticas do blog, e quería compartila con vós
Por exemplo, o blog tivo 20.000 visitas durante o ano pasado. E algunhas das cousas máis vistas foron anteriores ao 2012, polo que hai cousas que seguen a interesar 🙂
Publiquei no blog 86 entradas novas e 380 fotos, o que é sobre unha foto por día. O máis visto, para variar, foron os posts sobre as festas da Guadalupe.
Fai clic aquí para ver o informe completo (ollo, que o mandan en inglés).
Rianxeiros expoñendo na Pobra
21 DecEstes días, e ata mediados do mes de xaneiro, na casa de cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal pódese visitar unha mostra de fotografía na que participamos tres rianxeiros. En realidade a exposición parte dun grupo de amigos da rede social de fotografía Flickr, que adoitamos quedar algún que outro domingo para compartir cafés, frío e instantáneas. A raíz dun destes encontros fotográficos na Illa de Sálvora pasamos a chamarnos “Foto Club Sálvora” e agora algúns dos nosos traballos están expostos na Pobra.
Como digo, de entre os que expoñemos, que somos da zona da Arousa (Barbanza e Salnés), pero tamén hai xente de Cee e da zona de Vigo. Pero paso a presentarvos aos rianxeiros da mostra. Aquí tedes a Pablo, que é de Carballo pero agora vive en Taragoña:
Tamén está Xoán, que é de Lousame pero de Rianxo dende hai uns aniños:
E despois estou eu, que ao revés do resto son do Araño e agora por traballo vivo na Coruña 🙂
Deixo tamén un vídeo de Barbanza TV sobre a exposición no que se pode ver a Pablo falando:
Un morcego dentro da casa
7 NovEstas fotos tíñaas medio esquecidas, así que me decidín publicalas hoxe antes de que se me pasen outra vez. Saqueinas no verán e corresponden ao momento no que descubrimos un morcego dentro da casa. Estaba no marco dunha porta, collémolo cunha saba e sacámolo para fóra da casa (non vaiades pensar que lle fixemos mal ao animaliño). Se nunca tivestes ocasión de ver un de preto, velaquí tedes algunhas imaxes. Impresiona, eh?

























