Velaquí unhas cantas imaxes da igrexa do Araño.
A festa dos Milagros do Araño 2011
8 AgoComo cada primeiro domingo de agosto, na parroquia rianxeira do Araño celébrase a festividade da Nosa Señora dos Milagros. Hai misas cada hora, dende as 8 da mañá, pero sen dúbida, a que ten maior afluencia é a da 1 do mediodía, na que se realiza unha pequena procesión que remata coa imaxe da Virxe na igrexa parroquial. Velaquí as imaxes deste ano.
Remato a serie de imaxes, coma sempre, co posto das sandías 🙂
Como nota curiosa, comentar que pola tarde, o meu pai e máis eu quixemos ir en bicicleta polo monte (aínda que tivemos que volver mollados coma pitos). O caso é que baixando do Vilar (cando faltaba un quilómetro para o campo de fútbol), atopámonos co camión da orquestra Passarela, que nos preguntou se había máis arriba algún sitio para dar medio volta ao tráiler. O que non sei é como non deron volta directamente no campo das festas ¿?
Eu no De Luns a Venres
22 XuñComo vos comentei noutra ocasión, unha moi boa amiga miña é coordinadora no xornal gratuíto en galego De Luns a Venres. Pois o caso é que se ve que non tiña a ninguén a man que me liou para facerme unha mini entrevista. Vamos, que lle debía servir calquera, jeje
Aquí vos deixo o resultado e así tamén me vedes todo guapo 😉
Véndese o Pazo dos Calotes do Araño
29 Mai
O caso é que a raíz dun pequeno debate que temos no blog sobre o prezo da vivenda en Rianxo, decidín mirar na web fotocasa.es a como se estaban vendendo os pisos hoxe en día en Rianxo, e atopeime de sorpresa con que o Pazo dos Calotes do Araño está en venda.
O anuncio de venda ten data do 1 de marzo e a verdade é que me dá bastante pena. Na parroquia o que oíra é que o restos do pazo e o terreo foron mercados por dous matrimonios e que a súa idea era adicar o lugar ao turismo rural, vodas e eventos. Teño que dicir que fixeron un gran traballo, sobre todo porque antes o que había era todo unha ruína. Non sei que puido pasar para que agora o decidan vender e non continúen adiante co tema da casa de turismo rural (supoño que serán os cartos, como case sempre).
Se estades interesados en mercar, teño que dicir que non pon o prezo, senón “a consultar”, pero a cousa eu creo que pasa do millón de euros.
Como curiosidade, teño que dicir que me sorprendeu ver varias fotos miñas deste blog no anuncio de venda do pazo. Vese que os donos ou a xente que xestiona a venda tamén se pasou por aquí 😉
Foto antiga do Pazo dos Calotes
30 AbrVelaquí unha imaxe vella de como era o Pazo dos Calotes antes da súa resturación:
A imaxe está sacada da páxina do Facebook “Araño Galiza“.
A matanza do porco
17 XanSubo aquí este documento para que se vexa como é unha matanza, non tan tradicional, pero si como se realiza hoxe en día nunha casa. As imaxes poden ferir a sensilidade, así que se non es maior de idade ou cres que che poden afectar, por favor, non entres.
Anegamento do río Te
10 XanCon todo o que choveu esta pasada semana, o río Te desbordouse nalgunhas zonas. Eu non vivín directamente o anegamento, porque pola semana estou na Coruña, pero o sábado puiden ver que o río aínda ía ben cheo. Aquí vos deixo unhas imaxes do seu paso polo Batán (O Araño).
Aínda que non o creades, este é un camiño usado para acceder ás leiras que se convertiu nun regueiro:
A tromba da auga era tan forte que mesmo levou unha das pontes de madeira do paseo do río Te. Agora a pregunta é se o arranxarán en breve ou quedará así durante meses:
Velaquí a miña veciña Sara cun sacho intentando que a balsa de auga dunha das súas leiras baixe:
E nesta leira podedes ver por onde foi o río:











































