Esta fin de semana retomei o hábito de andar en bici, así que subín ata o Castro Barbudo (Taragoña) e dende alí saquei unha panorámica do concello. Pode verse Taragoña, Rianxo, Asados e O Araño. Pincha na imaxe para vela en grande.
¿Poderei entrevistar aos tres candidatos á alcaldía de Rianxo?
21 AbrPois de momento estouno a conseguir e dous dos tres candidatos xa deixaron que os entrevistase con preguntas feitas por lectores deste blog:
O cruceiro da Laxe Pequena
2 FebEn Taragoña, no lugar da Laxe, temos este fermoso cruceiro, seguramente o máis bonito e completo de todos os que podemos atopar no concello de Rianxo. Non só destaca a forma da capela, senón tamén os motivos representados nos laterais: Santiago Matamouros, San Francisco e Xesucristo camiño do Monte Calvario. Polo que se comenta, debe ser do século XVI.
O cruceiro pegado á fachada, no xornal De luns a venres
17 Xan
A coordinadora do xornal De luns a venres é amiga miña. Falando un día con ela de imaxes curiosas, decidín enviarlle estas fotografías que xa puxen neste blog noutra ocasión. O caso é que hoxe as publicou no xornal. Iso si, por se alguén entendo que eu dixen que as vivendas son recén construídas, en ningún momento comentei nada. Simplemente enviei as fotos.
A matanza do porco
17 XanSubo aquí este documento para que se vexa como é unha matanza, non tan tradicional, pero si como se realiza hoxe en día nunha casa. As imaxes poden ferir a sensilidade, así que se non es maior de idade ou cres que che poden afectar, por favor, non entres.
Anegamento do río Te
10 XanCon todo o que choveu esta pasada semana, o río Te desbordouse nalgunhas zonas. Eu non vivín directamente o anegamento, porque pola semana estou na Coruña, pero o sábado puiden ver que o río aínda ía ben cheo. Aquí vos deixo unhas imaxes do seu paso polo Batán (O Araño).
Aínda que non o creades, este é un camiño usado para acceder ás leiras que se convertiu nun regueiro:
A tromba da auga era tan forte que mesmo levou unha das pontes de madeira do paseo do río Te. Agora a pregunta é se o arranxarán en breve ou quedará así durante meses:
Velaquí a miña veciña Sara cun sacho intentando que a balsa de auga dunha das súas leiras baixe:
E nesta leira podedes ver por onde foi o río:
































