Non sei se poñer un cercado electrificado enriba do muro dunha propiedade é legal ou non, pero para min é cando menos chocante. Isto pode verse nunha finca particular en Leiro, preto de Abuín e a min de boas a primeiras recordoume a unha prisón ou un campo de concentración.
A penitencia da Virxe ante a aberración urbanística
29 DecAntes de nada teño que dicir que estas imaxes son reais. Non hai nada de fotomontaxe. Está entre Fincheira e As Cortes, en pleno cruce que nos leva á praia de Tanxil de Rianxo.
A min particularmente é que me dá vergoña ver como se fan estas cousas sen que pase nada e como se todo fose perfectamente normal. Temos unha aberración urbanística diante dos nosos ollos, fronte a un cruceiro que seguramentente máis dun século de vida, e dende Urbanismo, dende Patrimonio ou dende o organismo pertinente non se fai nada, é máis, permítese que pasen estas cousas. Se é que máis gañán e paleto non se pode ser. De verdade custaba algo facer as cousas doutro xeito? Pois está visto que a penitencia da Virxe é esta, estar castigada de cara á parede.
A Pobra? Non, Rianxo
13 DecNon vaiades pensar que perdín a memoria e non sei onde estou. A sorpresa non é porque non coñecese A Pobra do Caramiñal, senón porque este cartel está situado en Rianxo, na parroquia de Isorna. Se todas as indicacións están igual de ben colocadas que Deus nos pille confesados.
Se ides da ponte de Catoira cara á autovía, veredes este cartel, xusto un pouco antes das obras do AVE. Leva aí anos, pero ata esta fin de semana (que pasei por alí en bicicleta) non lle puiden facer unha foto a esta curiosa estampa. Cal será a explicación? Un poltergeist? Sobraban carteis?
Trial 4×4
30 NovSeguindo coa aficción ao motor, ademais de ir ata o Araño para desfrutar do Rally do Botafumeiro, esa mesma fin de semana tamén asistín ao trial 4×4 en celebrado no circuíto de Taragoña. Aquí podedes ver algunas das impresionantes situacións que se deron. Aínda que o mellor era estar alí para velo. Lástima de mal tempo e de tanta lama.
Xogos de mans coas entradas para ver ao mago Alan Golías
20 NovEstou un pouco indignado cun espectáculo que se celebraba esta noite no Auditorio de Rianxo. O mago Alan Golías ofrecía un show que mesturaba maxia, música e unha posta en escena diferente e prometedora.
O caso, é que como viña na web do Concello, as entradas había que retiralas unha hora antes.
Vamos, que unha hora antes, ás 19:30 horas alí estabamos a miña moza máis eu para collermos entradas. E que pasou? Si, si, acertáchedes: non había. Sorprende verdade? Nin máis nin menos que 300 asentos ten o auditorio de Rianxo. Pura maxia antes do espectáculo. O caso é que nos dixeron que volvésemos ás 20:30 horas por se alguén devolvía a súa entrada ou quedaban prazas libres no auditorio.
Así que pelín cabreados dedicimos regresar unha hora despois para ver se había sorte. Pola cabeza pasábansenos dúas alternativas pola cabeza: ou ben comezaron a repartir as entradas antes ou ben os organizadores as colleron e por detrás as deron ao seu antollo.
Total, que ás 20:20 horas volvemos. Na entrada había moitísima xente, a maioría tamén co noso mesmo problema: non tiña entrada. Unha destas persoas, coñecida miña, comentoume que ela e un grupo de persoas foron coller as entradas ás 19:00 horas, pero lles dixeron que non, que ata dentro de media hora non as daban. E cando chegaron, ás 19:35 non había.
Así pois, queda claro que dende a organización se quedaron coa maioría das entradas e para os que fomos retirar coa idea de ver o espectáculo indo coller as nosas á súa hora quedaron catro tickets contados. Eu entendo que a xente que fai o espectáculo teña para a súa familia e amigos. Pero vexamos, o show fórmamo 13 persoas (entre técnicos, músicos, actores e mago), así que se cada un leva para a casa 10 entradas, hai que descontar 130 prazas no auditorio. Pero faltan outras 170. Iso é un xogo de mans, e o resto son parvadas.
Actualización: agradezo aos de Certo.es que difundisen este tema no seu web. Tamén escribín a La Voz, El Correo Gallego e Diario de Arousa sobre este tema. Tamén lles enviei un correo á xente do Concello amosando o meu malestar sobre este tema e déixovos aquí os correos por se queredes facer o mesmo: auditorio@rianxo.com e cultura@rianxo.com
Fotos das festas de Guadalupe de Rianxo 2010: o último día
8 NovE cun pouco de pena chegamos ao remate das festas. Pero para o ano máis e que non falte ninguen.
Aquí vos quedan as últimas fotos onde podedes ver distintos momentos ao longo da noite: a cantata da Rianxeira coas vengalas, o chocolate con churros, a festa ata as nove da mañá (aínda que este ano acabou un pouco antes debido a uns “graciosos” que a última hora se dedicaron a cortarlle a luz á orquestra) e moito alcol. Vamos, que de novo as nosas felicitacións para a xente da Comisión de Festas, porque este ano as festas foron de novo as mellores!
Aínda que igual non se poida apreciar moi ben, este home leva un par de globos atados á súa coleta. Para quen non o saiba, a rapaza é Dora la Exploradora, e el estaba explorando as combinacións de distintas bebidas espirituosas.


As festas fan que nos convirtamos en máis amigos:
“Espero que os xelos non nos senten mal, que sempre pasa o mesmo”.



Hai, o que une unha boa botella de viño. O amor, que xorde así, cando menos o espera un:
Ata os confederados viñeron ás festas 😀
O chocolate con churros este ano tomámolo a iso das 5 da mañá no Refugio. Para a nosa pena o Toffe non estaba aberto (o ano pasado estaba riquísimo e saiunos moi barato). Do cholocate do Refugio non hai queixa, pero dos churros si: auténticos ladrillos en tiras. Estaban durísimos, todo o mundo estaba flipando, porque había que ter bos dentes para abordalos e non morrer no intento. De feito, eu saín do local para ir compralos a unha churrería e recibín aplausos por parte dunha mesa.
Velaquí un auténtico festeiro rianxeiro ás 8 da mañá, fresco como unha leituga:
O atuendo destoutro tampouco é menos curioso: o que queda dunha guitarra desas que venden os marroquís e un modelo de gafas que arrasaron estas festas. Creo que moito non vía (a foto está moi pixelada porque a saquei de moi lonxe e tiven que aumentar o detalle). 
A que é apetecible? Creo que o que se vía no Banco Pastor ás 9 da mañá estaba rico, rico: 
Algúns, con tanta festa, volveron á súa infancia: 
E pola mañá podíase ver esta estraña estampa: mentres algúns se erguían e comezaban a ler o xornal, outros aínda non tiñan claro que facer, se tirar para a cama ou seguir.

Está claro que se as igrexas fosen bares, non lle faltarían fieis 😉
















































































