Precioso o vídeo no que cantan os cativos de 6º de educación infantil do CEIP Ana María Diéguez de Asados. Interpretan a canción “Metido nun ovo” con música da Charanga Vai de Roda. A montaxe e gravación foi realizada por Fachico Gómez.
Belén vivente de Rianxo 2017
5 XanXa están a piques de chegar os Reis Magos a Rianxo. No belén vivente xa teñen todo preparado para recibir ás súas maxestades.
Aprobada a ampliación de Tanxil, que creará un único areal ata O Porrón
28 DecO Ministerio de Fomento, dentro do seu Plan Estratégico de Subvenciones 2014-2017, acaba de aprobar en unha subvención que se comezaría a executar nos Orzamentos estateis de 2017 pola cal se van ampliar os areais Rianxo.
Este plan supón a segunda fase da polémica que no seu día se realizou en Tanxil. Nesta ocasión, a idea é unir practicamente a praia do Porrón coa de Tanxil. Na imaxe de arriba podedes ver unha simulación de como quedaría a costa rianxeira. A praia de Tronco, como vedes, quedaría totalmente “comida” por este novo mega areal.
De feito, o “novo Tanxil” tería practicamente un quilómetro máis de lonxitude, o cal sería duplicar o tamaño e conectar co Porrón e con Cunchas.
Dende a Corporación Municipal indicaron que van realizar un pleno con todos os grupos para tratar esta cuestión, xa que “non consideran prioritaria unha actuación deste tipo, tendo en conta o rexeitamento que provocou no seu día a ampliación de Tanxil. Ao tempo, consideramos que os 8 millóns de euros calculados nesta actuación se poderían investir en cuestións moito máis positivas para dinamizar o Concello de Rianxo”.
ACTUALIZACIÓN: para que ninguén teña dúbidas, o Ministerio de Fomento acaba de confirmar que isto era unha inocentada 😉
Rianxo dende o espazo: como evolucionou dende 1984 a 2016
4 DecGrazas a Google Earth Engine temos a oportunidade de ver como cambiou Rianxo nestes últimos 32 anos. Podemos ver dende o aire como foi a evolución dende 1984 a 2016, como se constrúe a autovía do Barbanza, o polígono de Te, as vías do AVE, como medra o porto de Rianxo…
Convidámoste a ver este timelapse:
Super Lúa
15 Nov
Onte pola noite saímos a afotar o fenómeno denominado “Super Lúa”. Tivemos moita sorte, porque a pesar de estarmos en novembro, o ceo estaba totalmente despexado.
A verdade e que sempre resulta gratificante facerlle fotos pero, cando se dá o caso e está tan resplandecente e grande resulta, se cabe, máis apaixoante.


IV Carreira Popular Concello de Rianxo
8 Nov
Un ano mais, e coincidindo coa festividade do 1 de novembro desenrolouse en Rianxo a cuarta edición da Carreira Popular Concello de Rianxo.
Os cemiterios rianxeiros o día de Todos os Santos
1 NovHoxe foi un día no que moitos rianxeiros visitamos os camposantos da nosa parroquia para lembrar aos nosos familiares, ao tempo que decoramos con flores, candeas e lámpadas os panteóns. En Fotos de Rianxo visitamos os seis cemiterios rianxeiros e así estaban.
Imaxe do do Araño:
Así lucía o de Asados.
Aquí tes unha imaxe do de Isorna:
E aquí un dos máis fermosos do concello, o de Leiro:
Outro con moita afluencia foi o de Rianxo:
E rematamos co de Taragoña, que lucía moi iluminado:
Exposición de pintura de Karin Kuijper en Rianxo
1 Nov

Este venres 4 de novembro teremos a posibilidade de coñecer a obra pictórica dunha holandesa afincada en Rianxo, Karin Kuijper. A exposición estará aberta no auditorio ata o 26 de novembro. Karin leva seis anos vivindo no noso concello e pinta dende o 2008, cun estilo que define como Naive (Naíf), segundo vemos na web do Concello, “caracterizado pola inxenuidade e espontaneidade, moito colorido con brillos e contrastes e a escasa técnica. En moitos aspectos, recorda ou inspírase na arte infantil”. A exposición, como dicimos, inaugúrase o venres ás 20.30h, onde estará a propia artista, a concelleira de cultura e o alcalde de Rianxo para presentar a mostra.































