O cruceiro das Tres Cruces
25 XanAínda que xunto á estrada hai un cartel indicador que sinale que se trata do “Cruceiro das Trece Cruces” cremos que é un erro. Mirando noutras referencias en internet atopamos o nome do “Cruceiro das Tres Cruces”, que realmente se adapta máis a este conxunto. ACTUALIZACIÓN: como nos explica 6ferrados, na web do Concello explícase que o lugar onde está o cruceiro é o Cabo de Trececruces, de aí o seu nome.
A Pobra? Non, Rianxo
13 DecNon vaiades pensar que perdín a memoria e non sei onde estou. A sorpresa non é porque non coñecese A Pobra do Caramiñal, senón porque este cartel está situado en Rianxo, na parroquia de Isorna. Se todas as indicacións están igual de ben colocadas que Deus nos pille confesados.
Se ides da ponte de Catoira cara á autovía, veredes este cartel, xusto un pouco antes das obras do AVE. Leva aí anos, pero ata esta fin de semana (que pasei por alí en bicicleta) non lle puiden facer unha foto a esta curiosa estampa. Cal será a explicación? Un poltergeist? Sobraban carteis?
O trazado do AVE pasa por Isorna
29 NovXa se poden ver bastante avanzadas as obras do AVE ao seu paso por Rianxo, en concreto pola parroquia de Isorna. Xa se está tamén a traballar no que vai ser unha ponte que atravese o río Ulla e que permita ao tren de alta velocidade ir da provincia de Pontevedra á da Coruña, como se pode ver na imaxe.
Os lombos do Ulla
1 NovÉ unha das zonas máis ricas en berberechos da ría de Arousa. Alí van tanto mariscadores a pé como outros nas súas barquiñas cando se abre a veda.




