O día 1 de decembro, pola tarde, a Asociación de Veciños do Araño organiza un magosto popular. Será a partir das 16.00 horas e ademais de castañas hai moitas máis actividades:
“O grupo de teatro Airiños, de Rianxo, foi o premiado na categoría das Artes Escénicas polo traballo desenvolvido desde a súa creación, no ano 1933, que o converte na máis lonxevo de Galicia. Así, ao longo de catro xeracións, esta iniciativa veciñal vén sendo protagonista da construción dunha creatividade escénica de raíz popular desde o ámbito local.” Fonte: Xunta de Galicia
Así o decidiu o xurado dos Premios da Cultura Galega 2012, presidido polo conselleiro de Cultura e Educación en funcións, Xesús Vázquez Abad, e que está conformado por representantes da Xunta de Galicia, do Consello da Cultura Galega, das tres universidades, da Real Academia Galega e da Real Academia Galega de Belas Artes, así como por catro profesionais de prestixio no ámbito cultural.
Dende aquí, só nos queda felicitar ao grupo de teatro máis veterano de toda Galicia, que non fai máis que recoller premio tras premio.

Un coñecido meu (de seguro que algúns coñecedes a Bastos), xunto con outros mozos de Asados e dos arredores colleron a comisión da romaría do San Pedro. Veñen de crear unha páxina no facebook, que busca converterse na súa principal fonte de información dos eventos que van ir realizando ao longo do ano, ata chegar ó propio día da romaría. Así que se vos animades, podedes engadilos como amigos ou ben pasar o próximo 29 de xuño e desfrutar do día de San Pedro 😉
Antes de nada, agradecerlle as fotos a Xoán Antón Castro, que sempre nos cede xenerosamente as súas imaxes para o blog.
A responsable e voceira do PPdeG en Rianxo, Vanessa Martínez Durán, fainos unha pequena valoración dos resultados destas eleccións autonómicas:
“O resultado foi satisfactorio tanto en Rianxo como en Galicia, onde conseguimos gañar en case tódolos Concellos a pesar da baixa participación.
A xente en Rianxo respostou nas urnas da mesma forma que respostou nos diversos actos que tivemos durante a campaña electoral e, por primeira vez, no noso concello, gañamos con claridade en tódalas mesas electorais. Incluso logramos subir a porcentaxe de votos. Polo tanto, estamos contentos cos resultados acadados, pero aínda nos queda moito traballo por diante”.
Como se pode ver na gráfica, o primeiro que destaca dos resultados en Rianxo é que baixou moito a participación. Baixou en toda Galicia, é certo, pero en Rianxo houbo un 11,3% menos de votos que nas anteriores autonómicas.
Por outra banda, todos os partidos de referencia baixaron os votos (porque tamén houbo menos participación), aínda que o PP aumentou en case dous puntos a súa porcentaxe de votos (do 39,67% ao 41,4%).
O PSdeG baixou case un 13% a porcentaxe de votos, do 33,38% ao 20,5%. Tamén baixou moito a porcentaxe do BNG (do 23,25% ao 16,45%), aínda que seguramente neste caso houbo votantes tradicionais deste partido que votaron por AGE, encabezado por Xosé Manuel Beiras. Este último foi a gran sorprensa a nivel galego tamén, e en Rianxo tivo un 15,31% dos sufraxios.
Como curiosidade, comentar que se manteñen os 3 votos que tradicionalmente ten a Falange das JONS no noso concello. Iso si, sorpréndeme que Unión Coruñesa, o partido “Por La Coruña” tivo un voto. Vamos, que se trata dun partido moi local e choca que tivo votantes en Rianxo.
Quero dar as grazas a Eduardo Moares, da xunta directiva da Asociación de Veciños do Araño por pasarme estas fotos da inauguración do Centro Social da parroquia.