Archive by Author

“Un bico, un cantar”, un programa adicado á Rianxeira na TVG

14 Xan

Fotos antigas do Pazo dos Calotes nun proxecto artístico

8 Xan

Hoxe poño aquí un pequeno tesouro, unha curiosidade fotográfica que naceu dun proxecto artístico que desenvolveu a miña irmá Sheila cando estudaba Belas Artes en Pontevedra. Son fotos sacadas hai uns dez anos, cando o Pazo dos Calotes do Araño aínda estaba caendo a cachos. De feito, as imaxes realmente foron sacadas cunha cámara analóxica e estas instantáneas son fotos das copias en papel que ela sacou.

O proxecto artístico quería contar a historia dun espírito da familia dos Calotes, que esperaba un século despois da súa morte e atopaba en ruínas o que fora o seu fogar. Agardo que vos gusten.

Pazo dos Calotes fabi500-2 fabi500-3 fabi500-4 fabi500-5 fabi500-6 fabi500-7

O duro traballo das mariscadoras

5 Xan

O día de fin de ano, non sei se o lembrade, pero choveron chuzos de punta, de tal xeito que aquilo parecía un temporal do vento e da auga que caía. O caso é, pasando polo coche á altura do Pazo, me sorprendeu que a pesares dese tempo as mariscadoras estivesen a traballar, xa que me parecían condicións moi malas.

Volvín coa cámara media hora despois, pero só tiven tempo de sacar dúas fotos cando medio recollían. Do vento que fixo, rompeume o paraugas, así que con isto xa volo digo todo.

mariscadoras

mariscadoras

Datos sobre as visitas do blog durante o 2012

5 Xan

A xente de WordPress.com, a plataforma onde teño aloxado o meu blog, sempre me manda a primeiros de cada ano información sobre as estatísticas do blog, e quería compartila con vós

Por exemplo, o blog tivo 20.000 visitas durante o ano pasado. E algunhas das cousas máis vistas foron anteriores ao 2012, polo que hai cousas que seguen a interesar 🙂

Publiquei no blog 86 entradas novas e 380 fotos, o que é sobre unha foto por día. O máis visto, para variar, foron os posts sobre as festas da Guadalupe.

Fai clic aquí para ver o informe completo (ollo, que o mandan en inglés).

Falece o mestre e articulista Manuel Dourado

26 Dec

Acábome de enterar de que hoxe morreu Manuel Dourado.

douradook

Era unha persoa moi coñecida en Rianxo, pero non está de máis comentar quen era segundo recolle na súa autobiografía. No seu facebook recolle o seguinte: “Son fillo de labregos. Como Autodidacta, despeguei ao luminoso mundo da Cultura a travén da música. Estudos medios, Maxisterio, e Dereito. Nunca exercín como avogado: chocaba coa miña ética. Exercín Maxisterio durante 3 xeracións”.

Naceu no Araño o 30 de agosto de 1929, no seo dunha humilde familia labrega. El mesmo practicou a labranza na casa de seus pais ata a súa xuventude.

Intentou estudar dun xeito autodidacta, para o que tivo que procurarse medios materiais mínimos para facer fronte aos custos que ese afán conlevaba. Por ese motivo percorreu Galicia, coma músico de aldea, tocando en bandas e orquestras populares para se poder pagar os estudos.

Despois dun Ensino Primario rudimentario, fragmentado polas fatídicas incidencias da Guerra Civil do 36, superou esas carencias con don José Bandín Figueira, Mestre sen oposición que recalou en Asados. A este Mestre debe a apertura das vías que o levaron aos estudos de Bacharelato, nos que se graduou con Premio Extraordinario, e de Maxisterio en Santiago de Compostela, carreira que simultaneou cos estudos na Facultade de Dereito que lle permitiron obter tamén o título de Licenciado en Dereito pola Universidade Compostelá. A súa vocación predominante foi a docencia, á que se dedicou con verdadeiro apaixonamento creativo. A outra gran paixón é a de escribir. As circunstancias fixeron que se decantase moi especialmente polo periodismo, particularmente o xornalismo de opinión.

Colaborou en La Noche, de Santiago. A partir de 1970, simultaneou periodismo de información co de opinión en El Faro de Vigo e La Voz de Galicia, sobre temas das populosas comarcas do Barbanza e A Arousa, que abranguían desde Sanxenxo a Muros. Algúns dos seus máis polémicos comentarios sobre a realidade socio-política imperante tiveron bastante repercusión na Galicia da Diáspora arxentina (periódico Galicia, do Centro Gallego de Bos Aires) e nas emisións radiofónicas do programa dominical Sempre en Galiza patrocinado polo Padroado de Cultura Galega de Montevideo.

Tamén foi colaborador habitual de El Correo Gallego e de Galicia Hoxe, tarefa que simultaneou como membro do Consello de Redacción de Encrucillada, Revista Galega de Pensamento Cristián, onde publicou algúns estudos. Foi galardoado co premio de xornalismo Ruta Xacobea 1991. Publicou o libro Conversas con Teresa Castelao (Anecdotario dun século de vida) (Sotelo Blanco Edicións, S.L., 1999). Un segundo libro sobre Maruxa Villanueva, unha Galega de excepción, que se titula A Mestresa da Casa-Museo: Unha Rosalía rediviva, en 2009.

Información sacada da web da Asociación de Escritores en Lingua Galega

Documental sobre Airiños

25 Dec

Velaquí vos deixo un pequeno adianto dun documental realizado por Antonio Caeiro, sobre Airiños. Segundo os autores, “o grupo de teatro afecionado “Airiños” de Asados (Rianxo) foi creado polas Xuventudes Galeguistas en 1935. A pesares da guerra civil e a ditadura consigue sobrevivir e sigue en pe a día de hoxe. É un exemplo de resistencia social e cultural en Galicia”.

airinhos

Felicitación de Nadal do Concello

24 Dec

Cólgovos aquí a felicitación de Nadal do Concello, xa que é unha foto do meu amigo Xoán Antón Castro.

felicitacion

Fotos da Virxe da Guadalupe á altura de Quenxo

15 Dec

Velaquí unha fotos da Virxe da Guadalupe que fixen este verán. A escultura está realizada polo alemán Bert Gerresheim e que estas festas se inaugurou á altura da praia de Quenxo.

virxe1

virxe2

virxe3

virxe4

virxe5

virxe6

Imaxe

O millo xa está collido

25 Nov

Conto do medo

23 Nov

Un conto de medo que nos relatan os alumnos do Félix Muriel.