Archive by Author

A Rianxeira

9 Mar

Non, este post non é para falar desa coñecida marca de atún, senón do monumento á muller rianxeira. Como sabedes, Rianxo é porto pesqueiro. E aínda que de coller os peixes se adoitan encargar os homes, a tarfa de vendelos recae nas mulleres. Así que aquí o monumento á muller rianxeira, coa súa patela na cabeza cargadiña de xoubas (as máis ricas da ría de Arousa).

rianxeira

A praza da Igrexa ou praza de Rafael Dieste

27 Feb

Xusto no casco antigo de Rianxo podemos unha pequena praza á que todos os rianxeiros chamamos a praza da Igrexa (se se pode buscar algo sinxelo, para que complicarse a vida, non?), aínda que dende o Concello está bautizada como praza de Rafael Dieste. Forma un bonito conxunto coa igrexa de Santa Columba, o cruceiro e o pazo de Martelo, que ata hai ben pouco era a biblioteca municipal.

Nas fins de semana de verán, cando fai bo tempo, a xente adoita ir á terraza que hai na praza polas mañás e ver como se casa a xente na igrexa. Ata o lugar chegan os coches coas mozas a piques de casar e suben polas bonitas escaleiras do santuario.

Igrexa de Rianxo Santa Columba

Igrexa de Rianxo Santa Columba

O pazo de Martelo

O pazo de Martelo

Fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2007 e 2008

21 Feb

Velaquí vos deixo varias fotos dunha das festas con máis marcha de Galicia, as da Guadalupe de Rianxo. Pincha sobre elas para velas máis grandes. Graciñas Moinante!

Castelao

16 Feb

Que mellor que inaugurar este blog cun dos símbolos de Rianxo, o noso gran debuxante, escritor e político Castelao. Velaquí vos deixo a estatua que ten no paseo da Ribeira e onde cada 25 de xullo é homenaxeado.

Castelao