A coordinadora do xornal De luns a venres é amiga miña. Falando un día con ela de imaxes curiosas, decidín enviarlle estas fotografías que xa puxen neste blog noutra ocasión. O caso é que hoxe as publicou no xornal. Iso si, por se alguén entendo que eu dixen que as vivendas son recén construídas, en ningún momento comentei nada. Simplemente enviei as fotos.
O cruceiro pegado á fachada, no xornal De luns a venres
17 XanA penitencia da Virxe ante a aberración urbanística
29 DecAntes de nada teño que dicir que estas imaxes son reais. Non hai nada de fotomontaxe. Está entre Fincheira e As Cortes, en pleno cruce que nos leva á praia de Tanxil de Rianxo.
A min particularmente é que me dá vergoña ver como se fan estas cousas sen que pase nada e como se todo fose perfectamente normal. Temos unha aberración urbanística diante dos nosos ollos, fronte a un cruceiro que seguramentente máis dun século de vida, e dende Urbanismo, dende Patrimonio ou dende o organismo pertinente non se fai nada, é máis, permítese que pasen estas cousas. Se é que máis gañán e paleto non se pode ser. De verdade custaba algo facer as cousas doutro xeito? Pois está visto que a penitencia da Virxe é esta, estar castigada de cara á parede.
Cruceiro da Somoza
19 AbrMoitas veces pasamos ao seu carón, case sen prestarlles atención. Simbolizan o pasado, pero tamén a cultura, o traballo, as mans, as crenzas, a relixión e todo o que foi a nosa terra.
Moitos, coma este cruceiro da Somoza, en Asados, álzanse maxestousos, semellando querer tocar o ceo, estando máis preto de alá que de aquí. A súa función é lembrarnos a paixón de Cristo, a súa morte e o sufrimento que experimentou. Eu véxoo como un símbolo do que fomos. Pero tamén do que podemos ser. Podemos tocar o ceo, crer no que somos, loitar por aquilo que nos gusta e intentar ser cada día mellores persoas.




