Arquivo | curiosidades RSS feed for this section

Os autores da Rianxeira

21 Xan

Placa da rúa que leva o nome dos autores da Rianxeira

Se por algo se nos coñece en Rianxo, aparte de polos grandes escritores e debuxantes que naceron aquí, é por unha canción coñecida en Galicia enteira: a Rianxeira. Como se pode ler na Galipedia, non foi escrita en Galicia, senón na Arxentina por dous rianxeiros emigrados.

Na Galipedia podemos ler que “foi composta nun principio en Bos Aires en 1947 a proposta de Anxo Romero Loxo, quen compuxo a musica, nunha reunión no Centro Rianxo na que se atopaba a directiva e mais Xesús Freiro Dourado “Pinciñas”, compositor da letra. Foi estreada un ano despois polo Coro Castelao na cidade de Bos Aires, a pesar de que a súa estrea oficial data do ano 1950, co gallo da recepción de Castelao no porto de Bos Aires”.

O hórreo máis grande do mundo

17 Out

Aínda que moita xente pensa que o hórreo máis grande de Galicia e, polo tanto, do mundo, está en Carnota, realmente está en Rianxo, na parroquia do Araño. Mide 37,05 metros, fronte aos 36,53 m. do de Lira e aos 34,74 m. do de Carnota.

Unhas veces estás arriba e outras abaixo

30 Xuñ

Vendo a vida do outro lado, originalmente cargada por fotosderianxo.

Ás veces a un tócalle xubilarse. O que pasa e que ás veces, en lugar de levar unha vida tranquila, todo se vai para abaixo e a un tócalle vivir a vida do outro lado. De pasar a coller peixes, a que naden polo medio de ti.

Este barquiño semiafundido podemos atopalo na desembocadura do río Té, pegadiño á ponte que vai so paseo marítimo á praia da Torre.

A praza da Manuela ou do Coño

16 Mai

rianxo-005

Como vos dixen xa nalgún outro post, en Rianxo hai dúas formas de chamarlles aos sitios: a oficial e a que emprega a xente. Ocorre por exemplo neste caso. A fotografía de arriba corresponde coa praza da Manuela, que polo visto era unha embarcación invencible en toda a Ría de Arousa e que gañaban en todas as competicións.

Non obstante, cando a inauguraron, a xente de Rianxo preguntábase “Que coño é iso?” e así foi como lle quedou o nome da Praza do Coño. Simpática historia, verdade 😀

As tapas dos sumidoiros do paseo marítimo

6 Abr

De seguro que se sodes dos que paseados polo paseo marítimos vos fixáchedes en que o chan agora está cambiado. Máis ben o que cambiou foi o aspecto das feas tapas dos sumidoiros, que agora foron decoradas polos artistas de Leñaverde. Ao meu ver, unha boa iniciativa de Arousa Norte que se repetirá noutros concellos, ademais de en Rianxo.

Velaquí vos colgo algunhas das tapas para que vexades o fermosas que quedaron.

tapa_buceadortapa_dolmentapa_garzatapa_martapa_marineirotapa_paxarotapa_peixetapa_peixe2tapa_pescadortapa_sogamatapa_timon

Dous gatos mariñeiros

17 Mar

Velaquí vos deixo unha foto que saquei na desembocadura do río da Grenla, entre Rianxo e Leiro. O título do post non podía ser máis axeitado 😀