Arquivo | Rianxo RSS feed for this section

O pazo dos Baltar

16 Mar

O pazo de Baltar está situado nun dos mellores lugares de Rianxo: fronte ao mar e xusto enriba da praia de Tanxil. De feito, se paseades pola praia, isto é o que veredes.

casabaltar1

Como vedes, ten unha frondosa vexetación. O certo é que a día de hoxe é un lugar abandonado, xa que a familia Baltar non vive no lugar, senón que vén de ramos en pascoas.

casabaltar2

O certo é que se trata de un casería imponente que leva anos en Rianxo e que pertence a este rica familia que, polo que sei, viven en Santiago. Polo que oín por aí, seica o cabeza de familia era médico e de aí lle viñan os cartos.

casabaltar3

Cólgovos tamén unha foto da entrada da casa. Dicirvos que no seu día a xente viña sacar aquí as fotos da súa voda, porque a cousa lucía.

casabaltar4

A praza da Igrexa ou praza de Rafael Dieste

27 Feb

Xusto no casco antigo de Rianxo podemos unha pequena praza á que todos os rianxeiros chamamos a praza da Igrexa (se se pode buscar algo sinxelo, para que complicarse a vida, non?), aínda que dende o Concello está bautizada como praza de Rafael Dieste. Forma un bonito conxunto coa igrexa de Santa Columba, o cruceiro e o pazo de Martelo, que ata hai ben pouco era a biblioteca municipal.

Nas fins de semana de verán, cando fai bo tempo, a xente adoita ir á terraza que hai na praza polas mañás e ver como se casa a xente na igrexa. Ata o lugar chegan os coches coas mozas a piques de casar e suben polas bonitas escaleiras do santuario.

Igrexa de Rianxo Santa Columba

Igrexa de Rianxo Santa Columba

O pazo de Martelo

O pazo de Martelo

Castelao

16 Feb

Que mellor que inaugurar este blog cun dos símbolos de Rianxo, o noso gran debuxante, escritor e político Castelao. Velaquí vos deixo a estatua que ten no paseo da Ribeira e onde cada 25 de xullo é homenaxeado.

Castelao