Arquivo | Rianxo RSS feed for this section

A casa de Rafael Dieste

11 Xul

Velaquí a casa dun dos máis ilustres personaxes de Rianxo, Rafael Dieste. Como ben recolle a Galipedia, naceu en Rianxo en 1899 e finou en Santiago de Compostela en 1981. Hoxe en día é ben coñecido por ser un escritor galego que pertenceu á chamada Xeración do 22. Cos seus contos e pezas de teatro, entre as que destacan A fiestra Valdeira e Dos arquivos do Trasno, tentou modernizar o sistema literario galego afastándoo do ruralismo. A el atribúese en boa parte a creación do denominado Teatro Nacional Galego.

Casa de Rafael Dieste en Rianxo

A praia de Tanxil

2 Xul

Chega o verán e moitos queren ir á praia de Tanxil, o areal por excelencia do noso concello.

tanxil1

tanxil1

Unhas veces estás arriba e outras abaixo

30 Xuñ

Vendo a vida do outro lado, originalmente cargada por fotosderianxo.

Ás veces a un tócalle xubilarse. O que pasa e que ás veces, en lugar de levar unha vida tranquila, todo se vai para abaixo e a un tócalle vivir a vida do outro lado. De pasar a coller peixes, a que naden polo medio de ti.

Este barquiño semiafundido podemos atopalo na desembocadura do río Té, pegadiño á ponte que vai so paseo marítimo á praia da Torre.

Pesca, turismo e construción

29 Xuñ

¿Cales son os tres piares da economía de Rianxo? Pois precisamente os que leva por título este post. E para mostra a imaxe.

En Rianxo temos AVE

29 Xuñ

Realmente non é o AVE que a maioría de vós pensa, pero bueno, este tamén ten a súa velocidade punta e vai dun lado para outro. Aínda que pensándoo ben, en Rianxo temos aves a patadas, sobre todo cando descargan os barcos de mexillóns.

Atardecer na ría

9 Xuñ

As tardes calorosas vólvense coloradas cando saben que chega a noite, porque nesas horas todo pode pasar.

O Auditorio de Rianxo

26 Mai

auditorio

Hoxe déixovos aquí unha imaxe do auditorio de Rianxo, ese edificio que tardou case tres anos en inaugurarse, que semella moi ben que non sabe que facerse con el, que vai acollendo algún que outro acto e que agora tamén alberga a biblioteca municipal.

Póñovos esta vista porque me encanta esta estatua, da que algún día vos porei un primeiro plano, adicada ás xentes do mar. Tamén podedes ver na imaxe o parque de Europa, con algunha das súas fontes.

A praza da Manuela ou do Coño

16 Mai

rianxo-005

Como vos dixen xa nalgún outro post, en Rianxo hai dúas formas de chamarlles aos sitios: a oficial e a que emprega a xente. Ocorre por exemplo neste caso. A fotografía de arriba corresponde coa praza da Manuela, que polo visto era unha embarcación invencible en toda a Ría de Arousa e que gañaban en todas as competicións.

Non obstante, cando a inauguraron, a xente de Rianxo preguntábase “Que coño é iso?” e así foi como lle quedou o nome da Praza do Coño. Simpática historia, verdade 😀

As tapas dos sumidoiros do paseo marítimo

6 Abr

De seguro que se sodes dos que paseados polo paseo marítimos vos fixáchedes en que o chan agora está cambiado. Máis ben o que cambiou foi o aspecto das feas tapas dos sumidoiros, que agora foron decoradas polos artistas de Leñaverde. Ao meu ver, unha boa iniciativa de Arousa Norte que se repetirá noutros concellos, ademais de en Rianxo.

Velaquí vos colgo algunhas das tapas para que vexades o fermosas que quedaron.

tapa_buceadortapa_dolmentapa_garzatapa_martapa_marineirotapa_paxarotapa_peixetapa_peixe2tapa_pescadortapa_sogamatapa_timon

Vista da vila de Rianxo

25 Mar

Como estes días está a facer moi bo tempo, é unha gozada contemplar como a vila de Rianxo se mira no mar.

Rianxo

Concello de Rianxo