Rianxo, ademais de ser coñecida polos seus escritores, podería definirse como unha vila mariñeira. E por iso nela non falta nin o mar nin as gamelas e as redes.

Hoxe déixovos outra foto de Rianxo, cos seus barquiños a carón do paseo marítimo e as casas da ribeira e o campanario da igrexa nunha esquina.

A vila de Rianxo
Outro dos grandes literatos foi Manoel Antonio, o chamado poeta do mar. Nacido en Rianxo, o certo é que a súa obra non foi moi prolífica, porque morreu de noviño na parroquia rianxeira de Asados, con 29 anos, a causa dunha enfermidade. Unha das súas obras máis famosas foi De catro a catro, con eses grandes versos por todos coñecidos “Fomos ficando sós, o mar, o barco e mais nós”.

Busto de Manoel Antonio, o poeta do mar, en Rianxo
Velaquí a casa dun dos máis ilustres personaxes de Rianxo, Rafael Dieste. Como ben recolle a Galipedia, naceu en Rianxo en 1899 e finou en Santiago de Compostela en 1981. Hoxe en día é ben coñecido por ser un escritor galego que pertenceu á chamada Xeración do 22. Cos seus contos e pezas de teatro, entre as que destacan A fiestra Valdeira e Dos arquivos do Trasno, tentou modernizar o sistema literario galego afastándoo do ruralismo. A el atribúese en boa parte a creación do denominado Teatro Nacional Galego.

Chega o verán e moitos queren ir á praia de Tanxil, o areal por excelencia do noso concello.


Vendo a vida do outro lado, originalmente cargada por fotosderianxo.
Ás veces a un tócalle xubilarse. O que pasa e que ás veces, en lugar de levar unha vida tranquila, todo se vai para abaixo e a un tócalle vivir a vida do outro lado. De pasar a coller peixes, a que naden polo medio de ti.
Este barquiño semiafundido podemos atopalo na desembocadura do río Té, pegadiño á ponte que vai so paseo marítimo á praia da Torre.

Como ben sabedes, o monte do Araño está chegos de xigantes flores brancas, que en lugar de moverse co sol buscan o vento e desfrutan con el movéndose sen parar.