Festas da Guadalupe de Rianxo 2009: a procesión da Virxe

23 Set

Xa me van quedando menos fotos para colgar no blog 😉

Hoxe póñovos aquí as da procesión da Virxe da Guadalupe, celebrada o pasado 13 de setembro. Lamentablemente, como non teño ningún coñecido por barco, a procesión marítima vina de lonxe 😦

procesion1

procesion2

procesion3

procesion4

procesion5

procesion6

procesion7

procesion8

procesion9

procesion10

Festas da Guadalupe de Rianxo 2009: Rianxolandia

22 Set

O venres 18 de setembro os nenos desfrutan con todas as atraccións de balde que hai na ribeira.

rianxolandia1

rianxolandia2

rianxolandia3

rianxolandia4

rianxolandia5

rianxolandia6

rianxolandia7

Festas da Guadalupe de Rianxo 2009: a festa da escuma

22 Set

Velaquí outra entrada cos mellores momento das festa da espuma dentro das actividades que se organizaron na Guadalupe en Rianxo.

festaespuma5

festaespuma7

festadaespuma4

festaespuma1

festaespuma8

festaespuma6

festaespuma2

festaespuma3

festaespuma9

festaespuma10

Festas da Guadalupe de Rianxo 2009: os fogos artificiais

22 Set

Velaquí diferentes momentos da espectacular queima de fogos artificias aéreos e acuáticos que se cebrou en Rianxo o 13 de setembro.

fogos1

fogos2

fogos3

fogos4

fogos5

fogos7

fogos8

Festas da Guadalupe de Rianxo 2009: o último día ou o das bengalas

21 Set

O 18 de setembro celebrouse en Rianxo por todo o alto o último días das festas da Guadalupe. A pesar da chuvia a afluencia foi masiva e todo o mundo pasou unha noite inesquecible. Velaquí algúns momentos dese día.

Xa a mediodía, na sesión vermú, a xente tiña ganas de pasalo ben

Xa a mediodía, na sesión vermú, a xente tiña ganas de pasalo ben

Ás 2 da mañá prodúcese un momento especial cando toda a praza canta ao unísono a Rianxeira

Ás 2 da mañá prodúcese un momento especial cando toda a praza canta ao unísono a Rianxeira

bengalas3

bengalas4

bengalas5

A partir das 3 da mañá unha charanga tamén amenizou as rúas de Rianxo

A partir das 3 da mañá unha charanga tamén amenizou as rúas de Rianxo

Imaxe das 5 da mañá fronte ao palco da orquestra Costa Oeste

Imaxe das 5 da mañá fronte ao palco da orquestra Costa Oeste

As 6 da mañá foi un bo momento para un bo chocolate con churros na cafetería Toffe (2,5 euros)

As 6 da mañá foi un bo momento para un bo chocolate con churros na cafetería Toffe (2,5 euros)

O botellón e os seus efectos tamén estiveron presentes na festa

O botellón e os seus efectos tamén estiveron presentes na festa

Imaxe das 6.30 da mañá fronte á orquestra Océano

Imaxe das 6.30 da mañá fronte á orquestra Océano

7.50 da mañá fronte ao palco da orquestra Charleston Big Band

7.50 da mañá fronte ao palco da orquestra Charleston Big Band

Algún ata veu co patinete da casa

Algún ata veu co patinete da casa

Ata o doutor Amor estivo na festa

Ata o doutor Amor estivo na festa

bengalas14_Botellon

O día fíxose fronte ao palco da Costa Oeste

O día fíxose fronte ao palco da Costa Oeste

Ás 9 da mañá aínda había ganas de festa

Ás 9 da mañá aínda había ganas de festa

Ás 9.30 da mañá xa era boa hora para durmir

Ás 9.30 da mañá xa era boa hora para durmir

Festas da Guadalupe de Rianxo 2009: o día do Chupitaso

21 Set

O paso 11 de setembro deron comezo as festas da Guadalupe de Rianxo. Co coñecido “chupitaso” os rianxeiros preparámonos para 8 días de festa. Iso si, este día cada vez dexenera máis e habería que chamalo xa a festa da auga (onde a auga é alcol), porque a verdade é que ninguén se libra de saír mollado da praza de Castelao.

chupitaso1

chupitaso2

chupitaso3

chupitaso4

chupitaso5

A ponte do paseo marítimo de Rianxo

8 Set

Camiñando polo paseo marítimo de Rianxo, para unir a costa de Taragoña coa de Rianxo, hai unha bonita ponte de madeira pola que podemos chegar á praia da Torre. Coa marea baixa podemos ver centos de muxos aproveitando que o río Té está baixo. E coa marea alta podemos desfrutar da bonita desembocadura que une o Té coa ría de Arousa.

ponte1

ponte2

ponte3

ponte4

Elvina: 88 anos de vitalidade

1 Set
Que sería de Galicia sen a súa xente? Que sería da nosa terra sen esas mans fortes, traballadoras, abnegadas e incansables que a traballaron?
Como son de aldea, sei o que é traballar coas mans, o que doen os cadrís cando un se abaixa para sachar, coller as patacas ou apañar a herba. E como sei que non é un traballo recoñecido, velaquí a miña pequena homenaxe a toda esta xente. É a miña veciña Elvina, ten 88 anos e unha vitalidade envexable. Ela simboliza coma ninguén o que é o pobo galego, o seu esforzo e amor pola terra. Nai de tres fillos, avoa de seis netos e bisvoa de dous bisnetos, aí segue co seu sacho, coma o primeiro día.
Esta foto saqueilla un sábado ás 2 da tarde, baixo un sol de xustiza. Collía patacas mentres limpaba a terra de grandes herbas. Non coñece o descanso: limpa a casa, colle herba, muxe as vacas, atende as galiñas… 88 anos, quen o diría. Saqueille as fotos a escondidas, mentres me comentaba, mirando para un lado e outro da viña baixo a que traballaba, que perdera o fouciño. Que non sabía onde o metera e que xa era a segunda vez que se perdía. Tiña claro que ninguén llo roubara: “quen ía querer un fouciño hoxe en día?”, espetoume. “Bueno, xa aparecerá”, acabou concluíndo mentres a chamaban da casa para ir comer. Moveuse pouco a pouco a un lado da viña na busca do seu bastón -“este polo menos non o perdín”- e foi camiño arriba, pequena e forte, dura e temperamental. Porque as mulleres galegas ademais de levar a casa e de administrar os cartos sempre foron as donas do campo galego.
E a aí segue, encorvada polos anos e o traballo, pero querendo dar o máximo posible para os que veñen detrás, para súa filla Esther e as súas netas. Creo que non hai amor máis grande ca ese nin sacrificio maior pola terra.
elvina1
elvina2elvina3

O paseo marítimo de Rianxo

13 Ago

Tamén chamado por todos a “ruta do colesterol” e que se adoita encher de xente á noitiña para baixar eses quilos de máis e para desfrutar da paisaxe.

Fotos das festas do Araño

11 Ago

Cada primeiro domingo de agosto celébrase na parroquia rianxeira do Araño a romaría da Virxe dos Milagros. Hai misas dende as 8 da mañá (desta vez cun cura xubilado porque o da parroquia estivo indisposto dende primeira hora) e ata a 1 do mediodía, cando se celebra unha misa con procesía incluída.

As misas son ao aire libre, nun descampado que hai pegado á igrexa e ao camposanto do Araño. Ao redor rosquilleiras, postos con xoguetes e sandías, velas e o típico bar da comisión de festas.

Pero a min, o que máis me segue a chamar a atención son os cartos que lle colocan á virxe no pelo, con billetes de ata 100 euros este ano, e que van gardando pouco a pouco ao longo das diferentes misas.

festas_aranho_1

festas_aranho_2

festas_aranho_3

festas_aranho_4

festas_aranho_5