É unha das zonas máis ricas en berberechos da ría de Arousa. Alí van tanto mariscadores a pé como outros nas súas barquiñas cando se abre a veda.

É unha das zonas máis ricas en berberechos da ría de Arousa. Alí van tanto mariscadores a pé como outros nas súas barquiñas cando se abre a veda.


Aínda que moita xente pensa que o hórreo máis grande de Galicia e, polo tanto, do mundo, está en Carnota, realmente está en Rianxo, na parroquia do Araño. Mide 37,05 metros, fronte aos 36,53 m. do de Lira e aos 34,74 m. do de Carnota.

Sempre era unha grande ocasión hai anos poder sacarse unha foto. Desta vez o meu tío Che, o seu curmán Moncho e o meu outro tío Jaime fan as veces de vaqueiros. Só faltaban os indios.

Os meus tíos Che e Jaime posan vestidos de domingo e fachendeando de bicicleta nova.
Despois de tantas fotos, decidín facer unha entrada resumo para que poidades acceder dende aquí as fotos que vos interesen. Clicade na imaxe e xa iredes ás fotos correspondentes.
Se alguén está interesado nalgunha foto ou sae nalgunha imaxe e quere que a elimine do blog, por favor, poñédevos en contacto comigo no correo que poderedes atopar na pestana de “Info”.
Un dos días máis agardados das festas, sobre todo polos máis novos, é o día das Juadalupeñas, coas súas probas estrela: a carreira de contedores e o escachamento de ocho na cabeza.

Catro equipos compiten entre si na carreira de contedores

E algún sempre sae mal parado





















E para rematar a mañá das Juadalupeñas, a sesión vermú co Abanico
Sen dúbida, o feirón mariñeiro é un dos días máis agardados das festas da Guadalupe de Rianxo, xa que se involucran todos os veciños. Non obstante, este ano a chuvia deslucíu o acontecemento pola tarde.

Exhibición de arqueiros

As rúas engalanadas con redes

Ata con herbas se pode facer música

Cestería

Un alfareiro en pleno traballo


Fotos da xornada na que todos o rianxeiros puidemos gozar de xogos tradicionais grazas á Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional.


Lanzamento de boina



O menda lerenda


Un do días da festa puidemos asistir a unha interesante exhibición de break dance. Agardemos que se repita para o ano, porque foi espectacular.









